lunes, 30 de abril de 2012

A nosa propia Chopper grazas a Martín e Amparo.

Menuda sorpresa levamos o outro día cando o papá de Hugo Varela, Martín, apareceu na nosa clase con esta fermosa moto!. Martín é carpinteiro e elaborou esta chopper coa axuda de Amparo, a nai de Hugo. En primeiro lugar, contounos os materiais cós que elaboraron a moto: madeira, puntas, unhas rodas dunha carretilla, un halógeno, e unhas pezas de mobles para o manillar. A continuación, ensinounos os materiais que utilizaron para montar e unir as pezas: o serrucho, o martelo, a cola, o destornillador, o taladro e o barniz; incluso tivemos a oportunidade de probalos, qué pasada!.

 Unha vez que vimos o material necesario para a realización da moto, Martín o irmán de Hugo, ensinounos todos os materias que soe levar o seu papá na caixa de ferramentas, por exemplo: comparamos os tamaños dos tornillos, diferenciamos como son o tacto, algúns mais rugosos e outros máis lisos. Probamos a clavar unha punta, a desatornillar un torinillo... fomos pequenos carpinteiros por un día.

 Moitísimas grazas Amparo e Martín por esta sorpresa!.

3 comentarios:

  1. jooobaaaa!!!! Martín... como te curraches esa moto!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Unai , falou da moto unha semana enteira.. pero eu desde logo non me imaxinaba esta maravilla!.. xa sabes se se che acaba o traballo na carpinteria ...directo a boxes de moto GP.

    ResponderEliminar
  3. Ahora entiendo lo de que "el papá de Hugo es carpintero y además sabe hacer motos". Es que no me cuadraba. Menuda obra de arte!!!!

    ResponderEliminar