lunes, 2 de abril de 2012

Elaboramos un xogo de bolos cá axuda de Rocío.

O mércores veu o cole Rocío, a mamá de Unai, a realizar con nos unha das cousas que máis lle gustan: as manualidades. En primeiro lugar presentouse e falamos un rato a cerca de como íamos a facer a actividade, a continuación sentámonos cada un na súa mesa e Rocío con moita paciencia foi elaborando cada bolo con nos, ata un total de seis, un por cada mesa. O material que trouxo é de reciclaxe, uns botes de iogur brancos, os que para decoralos lles pegamos uns gomets. Unha vez feitos, metémoslle un pouquiño de arroz para que fixera o peso suficiente para aguantarse de pé sen problema. Unha vez realizados estes dous pasos xa temos listos os nosos bolos personalizados!. Por último, Rocío creou unha alfombra con seis círculos que son a referencia que nos fai falla para saber onde poñemos cada bolo e trouxo unha pelota; e chegou o momento máis divertido: a probar o noso xogo!!!.

 Os meus nenos/as estaban moi contentos con este xogo!!!. Agradezo a túa paciencia Rocío para realizar esta manualidade tan fermosa. Esperámoste pronto con outra manualidade!.

2 comentarios:

  1. Que ben o pasei... creo, e case podo asegurar que o disfrutei eu mais ca eles.Moitas gracias Paula, por facer posibles estes momentos ....e non dudes que pronto volverei..jejeje

    ResponderEliminar
  2. Xa sabedes que tedes a porta sempre aberta. Esperámoste pronto!. Un saúdo.

    ResponderEliminar