lunes, 27 de febrero de 2012

Visita de Kiko Rojo á escola.

Fai unhas semanas veu a escola Kiko Rojo, pai da nosa compañeira Carol de 6º de educación infantil, para ensinarnos as fotos dun fermoso viaxe que realizou o ano pasado ó continente veciño, África; concretamente o deserto do Sáhara.

 Tanto Kiko coma as persoas que viaxan con él levan para os neno/as roupa e material escolar, polo que penso que aínda que os meus nenos/as son aínda pequenos para valorar a xenerosidade de xente coma Kiko, pareceume moi boa idea que vexan que hai nenos/as que non teñen tanta sorte coma nos, e pouco a pouco aprendamos a valorar o afortunados que somos.

 Nas súas fotos acompañadas do seu relato, tamén puídemos coñecer as costumes e a forma de vivir; de feito unha das cousas que máis lles chamou a atención os meus nenos/as é que alí non teñan coches e tractores, nin televisión e que as casas non estean feitas de ladrillos. Penso que con esta experiencia adentráronse por uns intres nun mundo descoñecido para os meus peques, que axudou a chamar a súa atención por saber que hai en outros países. Traballaremos sobre isto ó longo do curso!.

 Moitas grazas a Kiko Rojo por esta experiencia!.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Elaboración dos disfraces.


Quero agradecer dende aquí a colaboración e interese de todas as familias durante estes días nos que estibemos creando os disfraces. Foi unha actividade moi gratificante, os nenos/as puideron ver que os seus papás e mamás estaban participando na elaboración dos seus primeiros disfraces no cole, encantoulles saber que vos tamén podedes formar parte da súa "vida" na clase.

Sei que hai familias as que lles houbera encantado vir, polo que ó longo do curso, realizaremos máis actividades nas que espero facilitar todo o posíbel que podades vir ata a escola e participar nelas.

Invítovos a vir o venres ata a nosa clase as 13.15 e disfrutar dos vosos nenos/as no seu primeiro entroido no cole, eles están emocionados!!!.

Un saúdo.

lunes, 13 de febrero de 2012

La giganta cereza.

Graciela, a nosa compañeira de 3º de primaria e irmá de Unai, veu esta semana a contarnos un conto: "La giganta cereza". Foi unha gran lectora, con moito entusiasmo contou este relato para os pequenos; o que fixo que a eles lles encantase. Esperamos que volvas pronto e convidamos a todos os compañeiros dos cursos de primaria a que veñan a lernos contos sempre que queiran!.

 Moitas grazas a clase de 3º de primaria pola súa colaboración cos meus pequenos, a Graciela e a súa profe Alba.

domingo, 5 de febrero de 2012

Aprendemos a canción dos números có oso Gigi.

Conmemoramos o día da paz!.


Para celebrar o día da paz, decidimos unirnos cos nosos compañeiros/as de 4 e 5 anos. A semana anterior pensamos en cal era o símbolo que para nos significaba a paz, tíñano claro, querían facer unha pomba.  Para decorala, cada un deles puxo a súa man na pomba facendo o seu plumaxe.

Chegou o día, comezamos falando sobre cales eran eses comportamentos que deberíamos de evitar en busca da paz e da amizade.  Os meus alumnos/as comprenderon que hai moitas cousas malas que deben de desaparecer para que podamos estar en paz. Por elo, de forma simbólica, cada un trouxo da súa casa unha caixa de cor branco, a cada unha de elas, pegámoslle unha palabra negativa: guerra, fame, soledade, violencia,... e todas estas caixas colocámolas en forma de muro diantre da nosa pomba da paz. Unha vez que xa estaba todo preparado, observamos o muro e decidimos que tiñamos que derruílo e deixar libre a nosa pomba, así foi, tiramos todas as caixas e logo pisámolas con moita forza. A nosa pomba quedou el liberdade, e todos intentaremos evitar esos comportamentos que lle impiden voar!!!.