domingo, 30 de diciembre de 2012

Festexamos o Nadal como bos larpeiros.

Como xa sabedes todo o que sexan festas e larpeiradas encántanos!. Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos festexando o Nadal. 

 Moitas grazas a todas as familias por axudar na realización destas merendas e por esa tarta sorpresa!. 





miércoles, 19 de diciembre de 2012

Unha carta para Iago.

O noso amigo e compañeiro Iago marchou de viaxe para visitar nestas datas tan especiais á súa familia en Colombia. A verdade é que xa nos primeiros días o botábamos moito de menos... Así foi que Xano nos deu unha magnífica idea: "Qué vos parece se lle escribimos unha carta?". E mans a obra!. 

 Os nenos/as tiñan moita curiosidade por saber onde estaba Colombia, cantos kilómetros nos separaban do noso amigo, e tamén como chegou ata alí; así que fumos para a aula de informática a buscar en google maps onde estaba e en que medios de transporte podía chegar ata alí. Tras calcular cantas horas tardaría na súa viaxe en barco, avión e foguete (a estimación dos km neste medio de transporte foi bastante aproximada, como dixeron os meus nenos: en foguete sae de Carballo as 10 e en 5 minutos está en Colombia), pero tras un debate sobre porque o foguete non é un medio de transporte que se soe utilizar, chegamos á conclusión de que viaxou nun gran avión, e que o viaxe tardaría unhas 10 horas. "Canto tempo! tivo que levar unha boa merenda". Buscamos vídeos de avións, porque moitos neno/as querían saber que é o que se ve dende as súas xanelas mentres outros nos contaban as súas historias sobre as suas viaxes nel; todos coincidían nunha cousa: "Eu dáballe a man moi forte a papá porque él tenlle medo os avións". Tamén buscamos o aeroporto máis cercan no que debeu de aterrar o seu avión. Logo buscamos a situación concreta de Colombia no mapa e vimos canta é a distancia dende Carballo, 7500 km... Canto mar nos separa!. 

 Por último, entre todos pensabamos que lle queríamos escribir e todos coincidimos en expresarlle as ganas que temos de que volva pronto!.

 Esperamos que che gustaran as nosas palabras e a nosa felicitación!. Botámoste moito de menos, e dende aquí os teus compañeiros e a túa profe Paula te mandamos millóns de bicos e un forte abrazo!. 

Grazas o noso mensaxeiro especial por enviar a carta!. 

 Hasta pronto Iago!. Esperámoste.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Os pequenos artistas Navideños.


Aquí vos presentamos o noso novo mural que realizamos con motivo da chegada do Nadal. A parte de encantarnos polo colorido que ten, é moi especial porque nel tamén están as pegadas das nosas familias. Na parte superior, temos o noso tren recén chegado dende o lugar onde Papá Noel pasa todo o ano, Laponia; e vai cargado de desexos para o novo ano. No centro temos o noso propio paisaxe no que cada un de nos é un personaxe diferente; e por último, na parte inferior e laterais do mural, temos cada un o seu calcetín Navideño.

Esperamos que vos guste o resultado final e dende aquí agradecervos a vosa participación.

lunes, 10 de diciembre de 2012

BO NADAL!

Os pequenos fabricantes de soños vestímonos para a ocasión e con moito cariño vos desexamos Bo Nadal.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Deliciosas galletas navideñas!.


O venres elaboramos unhas deliciosas galletas navideñas. María, a mamá de Alba, foi a nosa xefa de cociña nesta ocasión,  veu  preparada con todos os ingredientes necesarios: masa para as pastas, fariña, chocolate, moldes, pinceis, e moita paciencia.  Tamén tiñamos unha axudante de cociña moi especial, Ana a mamá de Adri. 

Como xa tíñamos unha pouca de experiencia nesto da cociña, puxemos os nosos gorros e mans a obra. Primeiro moldeamos a masa, démoslle a forma de árbore e có que nos sobraba deseñamos a inicial do noso nome. En segundo lugar, María levou as pastas para facelas no forno, e mentres  encargámonos de derreter o chocolate para poñer por encima das galletas en canto estiveran listas. Así foi, cando chegaron as galletas collemos os nosos pinceis e a decoralas... e có chocolate aínda calentiño,a comer!. As galletas quedaron moi bonitas, pero sobre todo, estaban moi boas!. 

Grazas a María por realizar con nos este taller, foi unha fantástica idea na que o pasamos pipa! E a Ana por axudar a todos os pequenos cociñeiros no seu primeira aventura cá elaboración de galletas!.

viernes, 23 de noviembre de 2012

Deseñamos unhas fermosas pulseiras con castañas!.

Hoxe veu a nosa aula María, a mamá de Daniela cun cargamento de boliñas, castañas, fíos e agullas para ensinarnos e deseñar con nos unhas pulseiras moi orixinais. Puxémonos mans á obra e este foi o resultado... A nos encantounos a experiencia!. Grazas pola túa paciencia e axuda María.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

O noso libro viaxeiro emprende a súa viaxe...

Aquí vos presentamos a Carl, o noso libro viaxeiro. Como este ano estamos a facer un proxecto sobre os medios de transporte, escollemos como base de este libro un coche, cada un do seu cor preferido. Este traballo é moi especial porque aínda que a primeira vista parece algo moi sinxelo, é un traballo de varios meses. Primeiro deseñamos a base, logo marcharon para a casa para que cada neno/a elixise coa súa familia as imaxes que comecen pola inicial do seu nome que mais lle gusten. Por último, aquí na aula, preparamos a parte de presentación de cada neno/a cá súa inicial, unha linda foto, o nome completo e a nosa pegada. O final o resultado encantounos!.

O obxectivo de Carl é que podamos xogar cás iniciais dos nomes dos nosos compañeiro/as na casa cá axuda das nosas familias; así coñeceremos non só a inicial de cada un, senón tamén, máis palabras que comezan pola mesma.

Hoxe Carl emprendeu a súa viaxe cara a primeira casa, esperamos que vos guste!. 



domingo, 18 de noviembre de 2012

Pequenos cociñeiros.

O venres convertemonos durante unhas horas en cociñeiros; preparados cos nosos gorros esperamos a axuda de Amparo, Gloria e Mari, que viñeron para ensinarnos a facer postres con castañas. 

 A experiencia foi todo un éxito, pasámolo en grande, aprendenmos os pasos para facer tanto un rico bizcoito coma un flan de castaña, agora o seguinte e probar a facelos na casa... Ide comprando fariña, ovos, mantequilla,levadura, castañas, ... o resto xa o fan os peques!. 

 Moitas grazas pola vosa axuda, qué boísimos estaban os postres!.




viernes, 16 de noviembre de 2012

Ummmm que ricas...a comer!.

O xoves celebramos o magosto na nosa aula. Susana,Pili, María e Ana encargáronse de traer a aula as castañas tanto cocidas como asadas e qué boísimas estaban!!!. Repartimos unhas cantas para o cucurucho de cada un e a saborealas!. 

Rematamos o día cun lindo conto sobre a castaña que trouxo Sofía. 

Qué ben o pasamos, moitas grazas pola vosa axuda!.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Qué sabemos do magosto?. Investigamos!.

Esta semana vamos a celebrar na aula o magosto, pero antes de facelo, decidimos investigar sobre elo. Nas casas cá axuda das familias decoramos unha castaña, e nela cada un foi dando as ideas clave do magosto: 

Por qué o celebramos nestas datas?. 
De onde saen as castañas?. 
Cómo é o castaño, e o ourizo?.
Cómo sabemos cando están listas para caer?. 
Cómo podemos cociñalas?... asadas, cocidas, en tarta, facendo galletas, en almíbar... 

Na aula, puidemos tocar algunhas follas do castaño e incluso ver como caen do ourizo. Xogamos cunhas galletas que formaban a palabra magosto, que por suposto logo comemos!. E finalmente, fixemos o noso mural do magosto. 

Moitas grazas as familias pola vosa colaboración!. 


martes, 13 de noviembre de 2012

Orquestra Cé pantasma.

Podedes ver as fotos da celebración do Samín no centro cá compañía da orquestra Cé pantasma na galareía de fotos da páxina web do centro, no seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacristina/galeria/thumbnails.php?album=76

Os nosos monstros.

Aquí vos presentamos os debuxos que elaboramos para o concurso da biblioteca. O obxectivo era crear o noso propio monstro e poñerlle o nome que nos quixéramos. Este foi o resultado final... A min encántanme!.

domingo, 4 de noviembre de 2012

Celebramos o Samaín.


Unha semana terrorífica!. Dráculas, bruxas, cabazas, homes lobo, mulleres araña,... en todos este personaxes foi nos que nos convertemos esta semana.

Unha das cousas que máis esperamos do Samaín é o día no que podemos mercar as cabazas e o chegar a casa cá axuda das nosas familias, decoralas e levalas a escola!. Na clase, tamén o fixemos, collemos un coitelo e fomos decorándoa pouco a pouco. Logo utilizamos o interior da cabaza e puxémolo nunha potiña para cocelo!.

A cabaza é o froito típico do Samaín, pero como nos somos moi larpeiros aproveitamos para comer tamén uns doces... Unhas galletiñas en forma de dedo de bruxa, qué medo,pero que boas estaban!. E unha gran cabaza que tiña dentro un delicioso bizcoito de chocolate, puxémonos as botas. Moitas grazas a Unai e Alba por compartir estas merendas con nos!.

domingo, 28 de octubre de 2012

Chega o Samaín!.

Esta semana celebraremos na aula a chegada do Samaín. Decoraremos a nosa cabaza, poñeremos uns terroríficos disfraces, participaremos no concurso de debuxos monstruosos organizado pola biblioteca do centro,... pero sobre todo, pasarémolo en grande disfrutando de esta data cos nosos compañeiros/as.


miércoles, 17 de octubre de 2012

Eu pensaba que media polo menos 5 metros...


Como xa vos adiantei no post anterior no que falabamos de como creceran os nosos animais; tamén quixemos investigar sobre canto creceramos nos ó longo do verán. Para elo, fixemos diferentes actividades nas que o pasamos xenial!. Pintamos os nosos pés con pintura de dedos e deixamos a estampa nunha cartulina, para logo así poder medilos tanto nela como na realidade, e comparar os diferentes tamaños de pés. O mesmo fixemos cás nosas mans, tanto coa pintura de dedos como debuxadas por nos mesmos, logo cá regla encargámonos de medilas e comparar canto creceran con respecto o ano anterior. Xa por último, para coñecer e ser conscientes do grandes que nos fixemos nuns meses, medímonos e pesámonos. Había nenos/as moi contentos có seu "estirón estival" , en cambio outros preguntábanse como era posíbel que mederan tan pouco, eles pensaban que polo menos serían uns 5 metros...

Qué grandes estamos!.

Canción do Outono!.

miércoles, 10 de octubre de 2012

Cómo medraron!

Vos acordades da nosa pitiña Letras e os patiños Pepa e Pipo?. Pensábamos que o pasar o verán seguirían igualiños a como marcharon da nosa escola en Xuño; pero o martes Unai deunos unha sorpresa e nos trouxo un mural no que vimos diferentes fotos dende o mes de Xullo ata Setembro tanto da nosa pitiña, que agora xa é unha boa galiña que xa pon ovos!; coma dos patiños, que mudaron o seu brillante amarelo por un fermoso "peluxe negro". O principio non podíamos crer todo o que había crecido!; de feito debatíamos: Pero se nos non cambiamos o pelo de cor?, non crecemos tanto coma eles?. É certo, temos o mesmo cor de pelo e de pel, pero será certo iso de que non crecemos nada?. O comprobaremos o longo da semana...

Grazas Unai por esta sorpresa!!!.

lunes, 8 de octubre de 2012

BENVIDA ALBA!.

Hoxe foi un gran día, chegamos pola mañá e nos encontramos cunha princesiña recén chegada de outra escola que ven a formar parte da nosa clase!. Ela é Alba,  o principio nos levamos unha sorpresa cá súa chegada e non sabíamos que dicir, pero pasados uns intres a recibimos por suposto, cos brazos ben abertos!. Quixemos que se sentise como na súa casa, que abandonase ese medo có que nos enfrontamos a novas cousas, e que coñecese un pouquiño de todos nos. Para elo, fixemos diferentes xogos durante a mañá, realizamos unha tarxeta ben grande para que teña de recordo do seu primeiro día na que a partir de agora será a súa escola; e por último, cada un de nos lle fixo un lindo debuxo!.

Pasámolo en grande!. BENVIDA ALBA.

viernes, 7 de septiembre de 2012

Volvemos á escola!.


O próximo mércores día 12 en horario normal de 9,05 a 14,05, comezamos o novo curso!. Seguro que o pasastes en grande este verán e vides cargados de enerxía e ilusión para as novas aventuras e aprendizaxes que vamos a vivir este ano na escola.

Para o mércores tan só fai falta traer unha merendiña e vir cás pilas cargadas!. Espérovos.


domingo, 15 de julio de 2012

Obras de teatro e actuacións dos nenos/as de educación primaria.


Queremos agradecer a todos os nenos/as de educación primaria mais as súas mestras a colaboración que mostraron con nos no presente curso. Grazas a eles disfrutamos vendo a nosa primeira obra de teatro en directo, vímolos cantar e bailamos con eles.  Un luxo para nos ter estes compañeiros/as. Sodes uns artistas!.



Obra de teatro: "Caperuchiña vermella", alumnos/as de 4º de educación primaria. 

Fotos excursión de fin de curso.

Na páxina web do cole tedes na galería de fotos o álbum da excursión a Mar de Lira. Aquí vos deixo o enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacristina/galeria/thumbnails.php?album=69


















Un saúdo!.

jueves, 5 de julio de 2012

Festa de fin de curso.

O último día de escola celebramos unha festa por todo o alto!. Primeiro tivemos unha sesión de xogos na clase e logo o que máis nos gusta... as larpeiradas da merenda!. Pero non rematou aquí a nosa festa, a AMPA tíñanos preparada unha boa sorpresa... un montón de xogos nos que exploramos, rimos, corremos; para logo finalizar cunha sesión de baile. Pasámolo xenial!.

jueves, 28 de junio de 2012

Pequenos Marisqueiros...


O pasado xoves marchamos a nosa excursión de fin de curso ó Mar de Lira. Alí nos esperaba unha Marisqueira para contarnos en que consistía o seu traballo e o de moitos pescadores que a diario traballan buscando pescados e mariscos para logo vendelos na lonxa. Tras ver en que consistía, marchamos a comer e por fin o momento que máis disfrutamos: a mollar os pes e xogar na area!!!.  Pasámolo tan ben que o viaxe de volta quedamos durmidos nada máis subir o autobús!.

lunes, 18 de junio de 2012

E agora... un coello e uns patiños!.

Xa pasada a semana na que tivemos con nos a Letras, botabamos en falta ter outro animaliño para coidar, pero tivemos sorte, xa que Rocío, a nai de Unai, chegou cunha sorpresa: Chispita, un fermoso coello de cor branca cos ollos máis lindos que vimos ata este momento, eran de cor rosa!.

Quedamos fascinados vendo como o coello almorzaba as súas cenorias xunto cás verzas, que por certo, lle encantaban!. Logo mudámoslle a súa gaiola, e deixámoslle auga e comida. É tan lindo e tan doce con nos, que nos encantou esta experiencia.

A cousa non rematou aquí... A seguinte sorpresa foron os patiños: Pepa e Pipo. Que ben o pasamos con eles, aínda nos deron que facer...en canto nos despistabamos saían da gaiola, qué pericos!. Observamos con atención as súas patas que lles permiten deslizarse na auga, foi o que mais nos chamou a atención!.

Isto de ser pequenos granxeiros por uns días, vaia a converterse nunha afición!. Xa temos un plan en mente para o próximo ano...

domingo, 17 de junio de 2012

lunes, 11 de junio de 2012

Fermosas bolboretas cá axuda de María.


O pasado mércores tivemos a visita de María, a nai de Sofía, que nos contou en que consiste a súa profesión. María traballa nunha gardería con nenos/as de 0-3 anos. En primeiro lugar,  centrouse en contarnos algo que para nos xa parece que o pasamos fai moito tempo... os coidados dos bebés. María trouxo uns monecos e uns cueiros, e estivemos aprendendo a poñelos. Logo contounos un fermoso conto da Lúa, que lles gusta moito os seus nenos/as e que a nos encantounos, xa que era diferente, era un conto cantado.

Por último, fixemos con ela unha manualidade con: cartulina, gomets, unha palliña, un cacho de papel de seda e plastilina e con esto creamos unhas fermosas  bolberetas, mirade que ben nos quedaron!.

Pasámolo en grande, grazas María.