lunes, 17 de octubre de 2011

O mundo de Gus.

Benvidos o noso blog!.

Ó longo deste trimestre vamos a presentarvos o proxecto que estamos a realizar: "O mundo de Gus".   Os proxectos que realizaremos durante o curso teñen como obxectivo resolver as inquietudes e dúbidas dos nosos nenos/as,partindo das súas ideas previas para ir constríndo novos aprendizaxes.  O primeiro proxecto xurdiu unha mañá mentres lles lía un conto: "O pescador Roque", que contaba as súas fazañas no mar. De súpeto, escoitei como un dos meus alumnos lle dicía a outro: "os peixes están no mar, no río non hai"; eu pedinlle que me explicase porque cría que nos ríos non había peixes, e tras escoitar cales eran as ideas sobre o tema de todos os meus alumnos/as, decidimos pescudar e investigar: onde viven os peixes, como nacen, que tipos de peixes existen, que comen, como se pescan, ..., así naceu o proxecto do noso pez Gus!.

Esperamos que vos guste esta iniciativa, intentarei que dende aquí chegue as vosas casas todo o que estamos a facer no cole, para que os pais e nais podades sentirvos implicados no proceso de ensino-aprendizaxe dos vosos nenos/as.



Unha aperta.

Paula.