domingo, 30 de diciembre de 2012

Festexamos o Nadal como bos larpeiros.

Como xa sabedes todo o que sexan festas e larpeiradas encántanos!. Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos festexando o Nadal. 

 Moitas grazas a todas as familias por axudar na realización destas merendas e por esa tarta sorpresa!. 





miércoles, 19 de diciembre de 2012

Unha carta para Iago.

O noso amigo e compañeiro Iago marchou de viaxe para visitar nestas datas tan especiais á súa familia en Colombia. A verdade é que xa nos primeiros días o botábamos moito de menos... Así foi que Xano nos deu unha magnífica idea: "Qué vos parece se lle escribimos unha carta?". E mans a obra!. 

 Os nenos/as tiñan moita curiosidade por saber onde estaba Colombia, cantos kilómetros nos separaban do noso amigo, e tamén como chegou ata alí; así que fumos para a aula de informática a buscar en google maps onde estaba e en que medios de transporte podía chegar ata alí. Tras calcular cantas horas tardaría na súa viaxe en barco, avión e foguete (a estimación dos km neste medio de transporte foi bastante aproximada, como dixeron os meus nenos: en foguete sae de Carballo as 10 e en 5 minutos está en Colombia), pero tras un debate sobre porque o foguete non é un medio de transporte que se soe utilizar, chegamos á conclusión de que viaxou nun gran avión, e que o viaxe tardaría unhas 10 horas. "Canto tempo! tivo que levar unha boa merenda". Buscamos vídeos de avións, porque moitos neno/as querían saber que é o que se ve dende as súas xanelas mentres outros nos contaban as súas historias sobre as suas viaxes nel; todos coincidían nunha cousa: "Eu dáballe a man moi forte a papá porque él tenlle medo os avións". Tamén buscamos o aeroporto máis cercan no que debeu de aterrar o seu avión. Logo buscamos a situación concreta de Colombia no mapa e vimos canta é a distancia dende Carballo, 7500 km... Canto mar nos separa!. 

 Por último, entre todos pensabamos que lle queríamos escribir e todos coincidimos en expresarlle as ganas que temos de que volva pronto!.

 Esperamos que che gustaran as nosas palabras e a nosa felicitación!. Botámoste moito de menos, e dende aquí os teus compañeiros e a túa profe Paula te mandamos millóns de bicos e un forte abrazo!. 

Grazas o noso mensaxeiro especial por enviar a carta!. 

 Hasta pronto Iago!. Esperámoste.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Os pequenos artistas Navideños.


Aquí vos presentamos o noso novo mural que realizamos con motivo da chegada do Nadal. A parte de encantarnos polo colorido que ten, é moi especial porque nel tamén están as pegadas das nosas familias. Na parte superior, temos o noso tren recén chegado dende o lugar onde Papá Noel pasa todo o ano, Laponia; e vai cargado de desexos para o novo ano. No centro temos o noso propio paisaxe no que cada un de nos é un personaxe diferente; e por último, na parte inferior e laterais do mural, temos cada un o seu calcetín Navideño.

Esperamos que vos guste o resultado final e dende aquí agradecervos a vosa participación.

lunes, 10 de diciembre de 2012

BO NADAL!

Os pequenos fabricantes de soños vestímonos para a ocasión e con moito cariño vos desexamos Bo Nadal.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Deliciosas galletas navideñas!.


O venres elaboramos unhas deliciosas galletas navideñas. María, a mamá de Alba, foi a nosa xefa de cociña nesta ocasión,  veu  preparada con todos os ingredientes necesarios: masa para as pastas, fariña, chocolate, moldes, pinceis, e moita paciencia.  Tamén tiñamos unha axudante de cociña moi especial, Ana a mamá de Adri. 

Como xa tíñamos unha pouca de experiencia nesto da cociña, puxemos os nosos gorros e mans a obra. Primeiro moldeamos a masa, démoslle a forma de árbore e có que nos sobraba deseñamos a inicial do noso nome. En segundo lugar, María levou as pastas para facelas no forno, e mentres  encargámonos de derreter o chocolate para poñer por encima das galletas en canto estiveran listas. Así foi, cando chegaron as galletas collemos os nosos pinceis e a decoralas... e có chocolate aínda calentiño,a comer!. As galletas quedaron moi bonitas, pero sobre todo, estaban moi boas!. 

Grazas a María por realizar con nos este taller, foi unha fantástica idea na que o pasamos pipa! E a Ana por axudar a todos os pequenos cociñeiros no seu primeira aventura cá elaboración de galletas!.