lunes, 2 de abril de 2012

Cómo se elaboran as conservas?.


O xoves veu a escola María, a nai de Aitor, e falounos sobre o seu traballo na empresa de conservas Calvo. En primeiro lugar, ensinounos unhas fotos nas que vimos como é o proceso que fan na fabrica, dende que chega o pescado e o limpan, ata que xa está preparado na lata e listo para saír os supermercados. Vimos tamén a roupa característica da súa profesión, e as máquinas que se utilizan para todo o proceso. Logo, ensinounos os tipos de latas de atún e de ventresca que fan na empresa, e as comparamos: algunhas eran máis grandes ou máis pequenas, outras cadradas ou circulares; e despois de todo isto, María abriu unhas latas e puidemos probar todos que boísimo estaba tanto o atún como a ventresca!.

 Moitas grazas María por ensinarnos como é o proceso de elaboración das conservas!. Qué ricas estaban!!!.

2 comentarios:

  1. Roberto pescando e María enlatando.... non sei eu se Gus chegará a fin de curso!!!! Ides ter que poñervos en garda!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Jajajaja é certo, os meus pobres non sei que idea lles quedará da vida no mar, entre a pesca e que os comemos... menos mal que non indagan moito sobre o tema!. O que lles quedou claro é que o atún mais a ventresca da nai de Aitor estaban boísimos, sonche uns comilóns, así da gusto!.

    ResponderEliminar