sábado, 28 de abril de 2012

Cantamos e bailamos con Marcos e o seu equipo de son.

Vaia sesión de festa máis chula tivemos o mércores da semana pasada grazas a Marcos, o pai de Daniela. A súa profesión é a de técnico de son, traballa con grupos musicais conseguindo que todo o relacionado có son, saía perfectamente. Para iso, entre as súas ferramentas de traballo, puidemos ver algunhas das máis importantes: os altavoces, a mesa de mezclas , os micrófonos e o ordenador portátil.

 Aínda que podo asegurar que os meus nenos/as cando se poñen a cantar e bailar non hai quen os pare, nesta ocasión volvéronse un pouquiño tímidos, e parecía que o poñerse ó micrófono quedaban mudiños, jeje, aínda así aproveitamos esta sesión tan divertida, coas ferramentas que para eles son "das discotecas", para botar unhas pezas de baile e cantar un pouquiño.

 Moitas grazas Marcos, esperámoste o ano que ben con máis cancións no noso repertorio y con máis forza para cantar ben alto!!!.

2 comentarios:

  1. Bueno...!!!! Menudo espectáculo...as fotos falan por si soas!!. Impresionante o ben que collen o micrófono.

    Teñoo clarísimo: Unai vai pa cantante.... jajajaj (Rocío, vai recopilando bolis que vai firmar moitos autógrafos) PEDAZO DE ARTISTA!!!!!

    ResponderEliminar
  2. jajajaja esperemos que non !! ainda que nunca se sabe.. irei xuntando bolis por si toca...

    ResponderEliminar