domingo, 22 de abril de 2012

Aprendemos a utilizar correctamente os aparatos electrónicos grazas a César.


A pasada semana veu César, o pai de Xano. Tal e como nos explicou Xano previamente, o seu papá non ten unha soa profesión, ten moitas porque fai varias cosas a mesma vez; en realidade non se equivoca, César instala luces, arregla aqueles problemas electrónicos que xorden nas nosas casas e tamén nos coles instala pizarras dixitais e proxectores como o noso.

Tras contarnos que fai no seu traballo, ensinounos unhas luces máxicas que cambian de cor, semellantes as que poñemos nos nosos arbores de Nadal. Qué chulas son!.

A continuación, traía unhas fichas cuns debuxos de todas aquelas cousas que nunca debemos de facer cos aparatos electrónicos: utilizar o secador cerca da auga, meter os dedos nos enchufes, deixar calqueira cable debaixo de alfombras onde podan romper, ...

Xa somos uns expertos na prevención de accidentes electrónicos. Grazas César!.

2 comentarios:

  1. Guapossssssss!!!!!! (perdon, non o puden resistir, jjjajaja ..)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Despoís de amenizar o blogue cos teus comentarios en tódalas actividades que realizamos; non esperaba menos, está tíñala que comentar!.

      Eliminar