miércoles, 25 de enero de 2012

Chega o Entroido!.


Este ano os meus nenos/as irán disfrazados de animais mariños. Quería pedir a vosa axuda para a realización destes, de tal forma que os nenos/as vexan que participamos todos, as familias, a mestra e eles mesmos, e convértase nunha actividade moi divertida. Propóñovos que veñades a escola e disfrutedes da realización dos disfraces cos nenos/as, o horario sería os martes (31 de xaneiro e 7 de febreiro) e mércores (1 e 8 de febreiro), en horario de 10.45 a 11.35.

Animádevos.

Un saúdo.




lunes, 9 de enero de 2012

Recibimos o 2012!.


Hoxe celebramos na escola a festa de ano novo cos nosos compañeiros/as de 4 e 5 anos. Comezamos a mañá vendo unha película e continuamos co gran momento: a chegada do 2012!!!. Como fixemos?. Cada un dos nenos/as tiña os seus 12 gusanitos que comeron seguindo as badaladas que marcaba a profe Patri co seu bombo, cheos de serpentinas e confeti!.  De seguido, tíñamos preparada unha rica merenda para compartir entre todos, e por último disfrutamos dun tempo de baile.

Pasámolo en grande!!!. Unha gran festa de volta a escola!.

Pequenos pescadores!!!.

Estamos a rematar o noso proxecto do mundo de Gus, e por elo, decidimos aplicar os novos coñecementos aprendidos o longo do trimestre a través de diferentes xogos, nos que o obxectivo é afianzar e interiorizar todo o traballado. Un de estes foi o xogo da pesca. Elaboramos algúns animais mariños, recreamos un pequeno mar e cunha caña atrevémonos a probar a ver que tal se nos daba a pesca. Cada un dos neno/a tiña que pescar o número e tipo de animal mariño que lle mandaran os compañeiros/as, foi moi divertido!.

 Para despedir o noso proxecto, queríamos pedirlle as familias que teñan algunha mascota relacionada co mundo do mar: tartarugas, peixes, ..., se lles gustaría traelos ata a escola e contarnos cousas sobre eles. Animádevos!.