martes, 27 de diciembre de 2011

Dossier do proxecto: O mundo de Gus.


Durante este trimestre realizamos este dossier de traballos sobre o mundo de Gus. Como xa sabedes, investigamos sobre a vida no mar e no rio, os diferentes animais, que comen, os deportes que podemos practicar, ... O proceso de investigación foi o noso primeiro paso, logo fixemos o noso mural do mundo de Gus, un gran traballo en equipo ca axuda das familias, e por último queríamos plasmar todo o aprendido en diferentes traballos manuais de forma individualizada. Para elo, buscamos un debuxo que reflexase o aprendido nese día, para posteriormente, decoralos con diferentes recursos materiais: pintura de dedos, ceras, cartulina, papel pinocho, acuarela, papel de seda, ... e o final conseguimos plasmar neste dossier as ideas clave de todo o traballado neste trimestre sobre o proxecto.

A verdade é que os nenos/as fixérono moi ben, esforzándose por deixalos ben bonitos, disfrutando mentres probaban diferentes materiais.



lunes, 26 de diciembre de 2011

Visita do carteiro real.

Comezamos a semana realizando as cartas para os Reis Magos con moita ilusión, e por fín o mércores chegou o día que estábamos esperando, o carteiro real veu a recoller as nosas cartas para que lles chegasen a tempo a Melchor, Gaspar e Baltasar. Foi un gran momento!.



domingo, 25 de diciembre de 2011

Festa de Nadal.

O pasado mércores celebramos na escola a festa de Nadal. Degustamos unha rica merenda na que os nenos/as de 4º, 5º e 6º de educación infantil puideron probar diferentes turróns. Rematamos a mañá cunha divertida sesión de cine e palomitas mentres vían "Mickie Mouse descubre la Navidad". Pasámolo moi ben!!!.

 Non esquezades que a volta das vacacións celebraremos a festa do novo ano, na que precisamos que todos os nenos/as traían o seu cotillón para empezar o 2012 con moita ilusión!.

Paula.

lunes, 19 de diciembre de 2011

Recital de poesía.

Grazas aos nenos/as de 5º de educación primaria e a súa profe Cris, puidemos disfrutar dunhas entretidas poesías escritas polo autor Juan Clemente e ilustradas por Aitana Carrasco. Os alumunos/as adaptaron as poesías para poder recitalas aos máis pequenos, axudados da súa voz e uns debuxos feitos por eles.

Moitas grazas por compartir esta bonita experiencia con nós.

Paula.

Elaboramos postais para as nosas familas.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Despedimos o Outono.


O Outono, esa estación que os meus nenos/as describiron como: "é un tempo triste porque fai moito frío e vimos a escola cando aínda é noite ". A verdade é que teñen toda a razón, o frío apreta e cando chegamos ó cole, todavía está o ceo escuro. Pero para buscarlle a parte positiva e bonita a esta estación, fixemos unha festa do Outono onde destacabamos as cousas boas que tiña: por fin podemos poñer esas luvas que tanto nos gustan, abrir o noso paraugas preferido, xogar entre as follas que caen das árbores, comer castañas, cabazas, mandarinas, uvas... e o final, tras ir traballando e descubrindo día a día estas cousas que nos ofrece esta estación,  despedirán o Outono cun bo sabor de boca.

Aquí vai un pequeno resumo da despedida que fixemos o Outono.

Paula.

viernes, 25 de noviembre de 2011

¿Cómo fixemos a tartaruga Moli?.


Unha das amigas de Gus e protagonista tamén do noso proxecto é Moli, a nosa tartaruga.

Cando decidimos cal ía a ser o tipo de animal que acompañara a Gus no mural, os meus nenos/as tíñano claro... unha tartaruga. Como tíñamos que debuxala en grande, decidimos en primeiro lugar, buscar fotos e vídeos de tartarugas para ver como son, cales son as partes do seu corpo, que comen, como nacen, onde viven, ... e así unha vez que descubrimos todas estas cousas, puxémonos a facer a nosa Moli xigante, un traballo en equipo moi divertido. Logo, individualmente, fixeron para o dosier do proxecto a súa propia mini Moli.

Esperamos que vos guste!.


Paula.

jueves, 24 de noviembre de 2011

A nosa canción das vogais.

“A”  “A” “A” la casita rota está, no se quien la arreglará “A” “A”.

“E” “E” “E” por tu casa me colé, me abrió la puerta Miguel “EL” “EL”.

“I” “I” “I” por la escalera subí, me tropecé y me caí “I” “I”.

“O” “O” “O” la ventana se cerró, porque el viento la movió “O” “O”. 

“U” “U” “U” mi amigo hace U, en la escuela tururú “U” “U”.


viernes, 18 de noviembre de 2011

Benvida Daniela!.

Fai unhas semanas recibimos a chegada da nosa nova amiga Daniela. Para que se sentira coma na casa, fixemos diferentes xogos durante os primeiros días nos que ela era a protagonista. Aquí vos mostramos esta pancarta de benvida marcada ca man de cada un dos seus compañeiros/as!!!.

Benvida Dani!.

martes, 15 de noviembre de 2011

Mural do mundo de Gus.

Gracias a colaboración das familias dos meus nenos/as, fixemos este bonito mural que reflexa con traballos manuais algúns dos animais que estamos a traballar co noso proxecto. Os nenos/as levaron para casa un debuxo dun animal mariño para que o decorasen cas súas familias, e mirade que bonitos quedaron!!!. Moitas gracias pola vosa colaboración a todas as familias.

Paula!.

lunes, 17 de octubre de 2011

O mundo de Gus.

Benvidos o noso blog!.

Ó longo deste trimestre vamos a presentarvos o proxecto que estamos a realizar: "O mundo de Gus".   Os proxectos que realizaremos durante o curso teñen como obxectivo resolver as inquietudes e dúbidas dos nosos nenos/as,partindo das súas ideas previas para ir constríndo novos aprendizaxes.  O primeiro proxecto xurdiu unha mañá mentres lles lía un conto: "O pescador Roque", que contaba as súas fazañas no mar. De súpeto, escoitei como un dos meus alumnos lle dicía a outro: "os peixes están no mar, no río non hai"; eu pedinlle que me explicase porque cría que nos ríos non había peixes, e tras escoitar cales eran as ideas sobre o tema de todos os meus alumnos/as, decidimos pescudar e investigar: onde viven os peixes, como nacen, que tipos de peixes existen, que comen, como se pescan, ..., así naceu o proxecto do noso pez Gus!.

Esperamos que vos guste esta iniciativa, intentarei que dende aquí chegue as vosas casas todo o que estamos a facer no cole, para que os pais e nais podades sentirvos implicados no proceso de ensino-aprendizaxe dos vosos nenos/as.



Unha aperta.

Paula.