miércoles, 25 de abril de 2012

Coñecemos como se diseñan os mobles con Javier.

Javier, o pai de Rubén, adicase a deseñar, realizar e colocar todo tipo de mobles de madeira. Para darnos a coñecer en que consiste o seu traballo, veu a escola con algúns dos materiais imprescindibles para a realización de cada moble: a escuadra, a regla, o trasportador, metraxe ..., explicándonos que todas elas valían para tomar as medidas do que queremos elaborar e plasmalas nun plano ou papel. Falamos de onde podemos conseguir a madeira, e con que tipo de ferramenta a traballamos; así coma cal é a indimumentaria que precisamos para traballar con ela.

 Unha vez que xa coñecemos cales son as ferramentas e materiais básicos do seu traballo; pasamos a ver uns debuxos sobre o produto final que se consigue con este: escaleiras, balaustres, tellados, súelos, armarios, cociñas, ... con madeira podemos deseñar calqueira tipo de moble para as nosas casas e a escola.

Para finalizar, Javier traía uns lindos debuxos para que coloreásemos, e terminou a sesión, léndonos un fermoso conto!!!. Moitas grazas Javier encantóunos a visita!.

3 comentarios:

  1. Cachis!!!! Que ben nos viría ese cursiño fai un mes cando deseñamos o novo dormitorio de Xano e Rodri!!!! De seguro que lle daríamos mellor xeito!

    ResponderEliminar
  2. Para a próxima xa sabes!. jeje.

    ResponderEliminar
  3. Para a próxima xa sabes!. jeje.

    ResponderEliminar