sábado, 31 de marzo de 2012

Javier enseñamos como é o seu camión!


Esta semana veu Javier o pai de Iago, a ensinarnos os tipos de camións que él conduciu. A verdade é que a maquinaria en xeral encántalles os meus nenos/as, polo que cando viron a Javier entrar con tres camións xigantes pola porta, xa se emocionaron. Pero como non ía ser todo festa, deixamos os xoguetes para máis tarde, mentres Javier nos contaba que tipo de maquinaría conduciu, acompañado de fotos con eses transportes; na súa maioría camións moi moi grandes. Logo contounos que tipo de carnets nos facían falla para conducir cada camión, e quedounos claro que có carnet normal có que se conducen coches, tractores e algunhas motos, non se poden conducir esos camións xigantes.

Logo xogamos co camión formigoneira, que nos vale para: "facer esa pasta que é como o pegamento que axuda a pegar os ladrillos das casas", probamos como andaba o camión de remolque no que Javier transportaba moitos ladrillos para construír casas e por último, xogamos co tractor, do que todos sabíamos como funcionaba: "coa pala collemos a herba e a botamos no remolque para levala a casa e queimala".

Canto nos gustan este tipo de transportes e maquinaria!. Grazas Javier por estar con nos nunha sesión tan divertida!.

viernes, 30 de marzo de 2012

Aprendemos a curar feridas grazas a Mónica.



A semana pasada veu Mónica a mamá de Naiara; a explicarnos en que consistía o traballo de auxiliar de enfermería. En primeiro lugar, vimos como é a indumentaria desta profesión, unha bata azul e unha cofia branca. A continuación, explicounos que cousas soia facer no seu traballo, e mentres os nenos/as lle contaban algunha que outra experiencia no médico. Unha vez que tíñamos claro en que consistía este oficio, pasamos a parte máis divertida...a práctica!. Mónica trouxo algúns dos instrumentos que se utilizan a diario , o tensiómetro, fonendoscopio, termómetro e todo o material que utilizan para facer as curas; e puxémonos man a obra, a ver como se utilizaba cada un de eles. Miroulle a tensión á profe, aprendimos como podemos notar os latidos do noso corazón, e curoulle unha ferida na perna o nenuco; parecida a esas que soemos ter nos; por iso coñecíamos todos os pasos: limpar, desinfectar (soprar un pouco), tirita e como novos. jeje. 

Pasámolo moi ben e aprendemos novas cousas!. Grazas Mónica. 


lunes, 26 de marzo de 2012

Recordamos o tempo da gardería cá profe María.


A pasada semana veu a escola a mamá de Berta, María. Foi a profe da gardería dalgúns dos meus alumnos/as, polo que me gustou moito ver as súas cariñas ó vela na escola. Contounos como eran as rutinas diarias na gardería, e a verdade é que son moi parecidas as nosas. Puxo o seu mandilón e cantounos un par de cancións moi bonitas das que sempre canta cos seus nenos/as: para saludarse, para escoitar o conto... Entre tanto, os meus nenos/as que foron a outras garderías tamén lle ían contando a súas experiencias, como se chamaban a súas profes e que facían, recordando en todo momento que agora xa son maiores e están na escola de super maiores, jeje. Para finalizar, leunos un divertido conto e despedímola entre besos.

Temos a sorte de ter unha profesión moi parecida, chea de sonrisas, ilusións, novas experiencias e aprendizaxes; unha das mellores do mundo. Grazas por compartir con nos como é o día a día con nenos/as máis pequenos!.





jueves, 22 de marzo de 2012

Presentamos as nosas familias.

A familia: parte fundamental e insubstituíble das nosas vidas. Cóidanos, protéxenos, edúcanos, mímanos, recibimos de eles todo o cariño do seu corazón, somos o máis importante para eles; pero eles, tamén o son para nos. Queremos decorar a aula con estas fotos e que estean presentes todos os días durante estes tres anos do ciclo de infantil. Un fermoso traballo no que entendemos o importantes que son para nos.

martes, 20 de marzo de 2012

De pesca con Roberto.

A semana pasada veu Roberto, o papá de Eloy a falarnos do seu hobby preferido, a pesca. Por uns intres podemos engulirnos neste mundo, sentíndonos pequenos pescadores. Para comezar ensinounos unha das súas cañas, quedamos perplexos xa que parecía ser pequeniña, pero cando a abriu quedamos ca boca aberta!. Explicounos que era cada parte da súa caña: o plomo e como se facían na madeira, as boias e o anzol. Puidemos tocalos e observar a súa forma e tamaño. A continuación, ensinounos cales son os tipos de cebos cos que él vai a pescar e que tipo de peixes pesca con cada un de eles. Foi unha fermosa experiencia que nos valeu tamén como repaso de todo o aprendido sobre o noso proxecto do mundo de Gus; por fin puidemos ver un pescador en persoa explicándonos todas aqueles dubidas que nos xurdiran. Moitas grazas o papá de Eloy.



lunes, 19 de marzo de 2012

Feliz día papá!.

Os papás e as mamás son os que nos ensinan o camiño da vida, axúdannos a dar os primeiros pasos, rinse cas nosas primeiras palabras, séntense orgullosos con pequenos logros que vamos conseguindo, e nos axudan con todos aqueles inconvenientes que nos xorden na nosa vida, que de momento non van mais alá que non dar abrochado o abrigo ou unha pequena caída no parque... Pero de todo vamos aprendendo e é o que temos que levar a diario no noso corazón, o cariño e adicación dos nosos pais. E para que os papás recorden o noso primeiro ano na escola, fixémoslles este agasallo... Feliz día!!!



jueves, 15 de marzo de 2012

Rodribicom vai ao circo.

O pasado mércores veu a nosa compañeira Nerea, de 3º de educación primaria, a lernos un precioso conto: "Rodribicom vai ao circo". Encantounos escoitala e como sempre dicimos, esperamos que se sigan animando máis nenos/as, porque pasámolo moi ben compartindo este tempo cos maiores. Moitas grazas Nerea!.

sábado, 10 de marzo de 2012

Aprendemos o funcionamento dunha alarma.

O venres aprendemos o funcionamento dunha alarma grazas os pais de Marta, Pili e Pablo, que con moita paciencia nos explicaron para que valían as alarmas, como funcionaban, como se instalaban, como se acendían/apagaban, ... Puidemos tocar as diferentes partes que compoñen a alarma, poñer os códigos, facer que soen, e finalmente quedáronnos claro todos os trucos que se teñen para que os ladróns non podan entrar en todos eses sitios onde hai instalada unha alarma. Foi unha experiencia moi interesante, os meus nenos/as encantoulles. Moitas grazas os papis de Marta!.

viernes, 2 de marzo de 2012

As profesións.


Nas próximas semanas comezaremos a traballar as profesións en relación a todo o que estamos aprendendo có centro de interese das nosas familias. Por elo,  quería propoñervos se queredes vir á escola a contarnos en que consisten as vosas profesións, oficios ou hobbies. Podedes traer as ferramentas de traballo, fotos ou contos que falen sobre as vosas adicacións.

Mandareivos unha nota na que vos poñerei unha previsión de horario. Son 25 nenos/as polo que en principio vou a contar con un día para cada nai ou pai de cada un dos meus nen@s, e a actividade durará polo tanto, cinco semanas. No caso de que non podades vir, non pasa nada, propoño un horario e vos me vades dicindo se vos vai ben e vos é posíbel.

Un saúdo e moitas grazas pola vos a colaboración na tarefa das cartas de presentación das familias.