jueves, 12 de abril de 2012

Qué son esos xigantes molinillos de vento?. O noso propio parque eólico grazas a Tino.

O venres antes das vacacións veu a escola Tino, o pai de Guillermo. A súa profesión é a de electricista, e tal e como él nos explicou, fai que as luces das nosas casas, as televisións, as neveiras, as cociñas,... funcionen con normalidade. Para elo, explicounos en primeiro lugar, como se consigue a electricidade, concretamente centrouse en algo que para os meus nenos/as é moi atractivo: "eses molinillos de vento xigantes"; e a través de este concepto, ensinounos como funcionan os eólicos. Para elo, deseñou unha fermosa maqueta que simula un parque eólico, con todo detalle. Cando o vimos funcionar, ALUCINAMOS!!!. Se lles somplamos os molinillos, simulando a forza que exerce o vento sobre eles, acendíase unha pequena luz!, que simulaba o proceso de captación e posta en funcionamento da electricidade. A verdade é que nos fascinou.

 Tamén nos explicou como fai para subir os eólicos e comprobar que todas as pezas funcionen ben. Para elo pon un arnés e un casco co fin de estar seguro e evitar accidentes.

 Por último, veu Gloria, a mamá de Guille, e Alejandra, a súa irmá; para entregarnos un regalo que fixeron entre os catro, uns molinillos de vento que simulaban eólicos, feitos con cartulina, unha palliña e plastilina. Encantáronos!.

 Quero agradecer a vosa paciencia e dedicación nesta experiencia; que como sempre comprobamos que non hai mellor maneira de aprender en que consiste unha profesión que contada en vivo e en directo polos nosos pais. Moitas grazas!.

1 comentario:

  1. OOOOOOOH!!! <3

    Preciosa a maqueta, encántame o que fixeron este papás!!!

    ResponderEliminar