martes, 3 de diciembre de 2013

Deseñamos as nosas postais para o concurso do Concello.

Este ano participamos no concurso de postais que organiza o Concello de Carballo. Para facelas contábamos cunha cartulina, un lapis e ceras, puxémonos mans a obra... e este foi o resultado dos nosos debuxos!. Esperamos que vos gusten.

Saúdos!.

martes, 26 de noviembre de 2013

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Celebramos cunha boa castañada o Samaín e o Magosto.


O pasado mércores foi un día moi especial. Comezamos a mañá cunha obra de teatro na que duas bruxas moiiii peculiares creaban unha apócema para converternos en ratos!. A mañá continuou cun taller de maquillaxe terrorífico e rematamos cunha comellona de castañas e xogos. Pasámolo en grande!.

Aquí vos mostramos unha parte do que foi a nosa festa...

lunes, 4 de noviembre de 2013

Decoración de medo!.

Queríamos preparar unha decoración especial para a festa de Samaín na nosa escola e puxémonos mans a obra. Realizamos un taller os tres cursos de educación infantil no que o pasamos en grande!. Fixemos cinco grupos e cada un de eles rotou polas diferentes actividades que se organizaron: as manualidades, os contos a película terrorífica, e o mural que fixemos decorado coas nosas maniñas.

 O resultado do noso traballo, aquí o veredes... Sen dúbida o mellor de todo, traballar cos mais peques!.

lunes, 9 de septiembre de 2013

Volvemos ó cole!.

As vacacións de verán e o tempo de lecer rematan, pero na escola novas aventuras, novos proxectos e moita ilusión vos esperan neste novo curso 2013-2014.

Aquí vos espero o mércores día 11 en horario normal. Tan só precisades a vosa mochila coa merendiña, ganas de pasalo ben e de compartir as experiencias do verán no noso primeiro día de cole.

Vémonos peques!.

miércoles, 19 de junio de 2013

O conto da miña infancia... a profe Paula.


Tras varios meses disfrutando das historias da infancia dos meus peques,  tocábame a min cumprir có prometido, presentarlles o meu conto ós peques. Foi un día moi especial e gustoume contarlles todo o que recordo sobre esa etapa; para axudarme, veu unha das persoas mais importantes na miña vida, a miña irmá Debbie. Contou anécdotas, fixemos unha manualidade cós peques e eles aproveitaron para darlle algunha que outra queixa sobre a profe, jeje.

A miña infancia é unha etapa que recordo como fermosa e moi divertida!. Pero mellor que facer un resumo é velo, así que aquí vos deixo o vídeo que resume os meus primeiros cinco aniños.



Lectura do noso compañeiro Hugo Varela.

O noso compañeiro Hugo Varela leu na biblioteca para os compañeiros/as de infantil e primeiro ciclo de primaria o conto: Ser amigos. Como todos queríamos participar nesta presentación, personalizamos as ilustracións do conto e proxectamolas mentres Hugo lía.

Esperamos que vos guste.



jueves, 6 de junio de 2013

O conto da miña infancia... Unai.

O martes recibimos a visita de Rocío, a nai de Unai, a que recibiron na aula con un: "Rocío xa facía moito tempo que non viñas a nosa clase!". Certo é, así que xa nos tardaba, de feito Unai estaba contentísimo, non se podía describir mellor o seu sentimento, tal e como comentaba Marta: "Rocío, Unai está eléctrico", jeje. 

 É o noso pequeno terremoto pero todo o que fai sempre vai cargado de simpatía, xunto con ese soriso có que nos conquistou dende o primeiro día. Gústalle coidar dos compañeiros/as e sempre está facendo bromas a todos. 


 Naceu na noite do 22 de Agosto de 2008, un fermoso bebé moi pequeniño. Con 9 meses xa se ría moito e lle encantaba pasar tempo na praia. En canto comezou a andar os ollos dos seus papis tiveron que multiplicarse porque Unai encantáballe facer travesuras pola casa: subir polas ventás, os mobles,... mentres Rocío o contaba, Unai escusábase con explicacións lóxicas que nos podíamos crelas se non fora porque coñecemos moi ben, jajaja. É o pequeno da familia moi mimado por todos, presentounos o seus primos maiores os que adora e cós que foi de vacacións ó zoo de Madrid. Pero esta non foi a súa única viaxe: tamén montou en Catamarán, foi a neve en varias ocasións, de acampada... pero a Unai aínda que viaxar gústalle, o que mais lle presta son as festas!. Para o San Xoan sempre se prepara como se fora de gala, ben guapo, como nos aclarou. Gústanlle as motos, de feito sempre fala da moto que él conduce os fines de semana... (imos ter que volver a disfrazarnos de policías para investigar... jeje). 


 Para rematar, como a Rocío encántalle facer manualidades preparou cá axuda de Unai unhas pulseiriñas para cada un dos neno/as; e para completar esta fermosa presentación, veu Gráciela, a súa irmá, para lernos un conto. Pero a familia non participara por completo... faltaba Diego o seu pai, que puxo cá súa chegada o punto de sorpresa!. Unha das películas preferidas de Unai é a de Enrredados; nela cada ano no polo día do cumpre da princesa lanzaban uns faroliños que alumaban todo o ceo; pois a raíz de aquí surxiulles a idea de traer uns faroliños de colores e soltalos para que desfrutamos en primeira persoa da experiencia... e así foi, tres faroliños voaron o martes polo ceo de Carballo lanzados dende o noso cole. 

O conto da miña infancia... Lucas.

O noso principiño Lucas veu acompañado da súa nai Tatiana e a súa madriña, para mostrarnos a través da tablet os momentos máis importantes dos últimos catro anos.

Lucas é un neno tímido, moi amigo dos seus amigos o que lle encanta xogar. Apasionado do motor, todos os seus debuxos señan do que señan levan rodas, as nubes? con rodas, as arbores? con rodas. jeje. Así é que de maior quere ser piloto, dalle igual de que, pero piloto.

Ten unha irmá maior Marieta, moi protagonista tamén no seu conto. A súa compañeira de xogos na casa e seguro un exemplo a seguir para él. Gústalle ir o parque nos días de sol, no tempo de chuvia gústalle disfrazarse na casa.

Grazas familia por este conto!.

viernes, 31 de mayo de 2013

O conto da miña infancia... Enola.

A nosa princesiña Enola naceu o 10 de Setembro de 2008 facendo os seus papis tal e como comeza a súa historia, os maaaaaiiiis felices do mundo!. Sempre dulce, cariñosa e amable con todos. Na clase encántalle facer de mamá e coidar de todos os nenos/as, estando sempre pendente do que precisan. jeje.

Unha meniña que describen os seus papis como moi boa, aínda que un pouquiño protestona para comer, jeje. Gústaballe ir o parque, costume que aínda agora lle encanta. Move os seus riciños para atrás e cunha sonrisiña móstranos as marcas do que foi a súa primeira "caída en condicións", bueno... esas pequenas cousiñas das que todos temos algún mal recordo.jeje. Chamounos a atención que có que nos gusta a todos a auga a área da praia, Enola comenta que prefería sempre o campo, porque a area non a convencía nada de nada.

  Recordamos cando chegou a escola canto botaba de menos a súa casiña e pouco a pouco fixemos una amizade que conseguiu que o tempo da escola tornárase divertido!. Na clase, gústalle o tempo de xogo cós seus compañeiros, sobre todo peitear e a cociniña. Na casa, gústalle disfrazarse, cociñar con papá e pasar tempo cá súa prima Nicole. 


Finalizamos este conto cun video de fotografías de Enola dende o seu bautizo ata a actualidade. Qué fermoso ver como crecen estes peques!. 

Grazas princesiña e os teus papis por este conto!. 

miércoles, 29 de mayo de 2013

O conto da miña infancia... Hugo Varela.


Para a presentación do conto de Hugo tivemos un relator moi especial, o seu irmán Martín, que xa coñecemos porque é compañeiro da nosa escola. A verdade é que non lle facía ningunha falta ter como referencia o conto, xa que recordaba a perfección cada detalle da infancia do seu irmán,e iso que era ben pequeniño, tan só se levan tres aniños!.

"Hugo naceu o 31de Marzo as 12.35, bueno eu penso que este libro esta equivocado o que naceu a esta hora fun eu, Hugo naceu sobre as 14.00, ben o recordo eu, pero bueno, mamá e papá confundíronse un pouco o escribilo!"; comezaba Martín esta presentación, jeje. Entre risas pasamos polos seus primeiros meses e todos os acontecementos importantes ata que Hugo cumple os 5 aniños.

Hugo é un neno moi maduro encántalle parecer un homiño, có seu semblante serio, aínda que no fondo é moi cariñoso. Gústalle ler, xogar cós compañeiros, o seu deporte favorito é o fútbol (sobre todo, recalca " o Real Madrid e a selección española"). Encántalle todo o relacionado cá informática, tablets, ordenadores, ... Tamén é un apasionado do motor ben señan motos, coches, tractores,... todo lle gusta e tárdalle ser maior para ter o seu propio vehículo.

Tal el como di o seu libro o seu mellor amigo é Martín, momento no que se miran e comparten un sorriso mentres nos contan que como todos os irmáns tamén se enfadan as veces. E con isto, rematamos este conto!. Moitas grazas papis por elaboralo e a Martín por contarnos cada detalle con tanta naturalidade.


viernes, 24 de mayo de 2013

EVACUACIÓN!.

Traquiliños merendabamos esta mañá cando de súpeto, escoitamos os tres toques da sirea do cole, que nos indican que deixemos todo como está e con tranquilidade pero sen pausa, saíamos para o exterior!. Tapamos as nosas boquiñas e o nariz e saímos para o patio, uns intres despois chegaron por fin... os bombeiros!!!. E o resto, xa o contan as nosas fotos... puxéronnos pingando, pasámolo en grande.



domingo, 19 de mayo de 2013

Excursión ó Ventoso.

O pasado venres marchamos de excursión ó Ventoso, en Laracha. Alí tivemos a oportunidade de coñecer todos os animais que viven alí e incluso de ser partícipes durante unhas horas do seu coidado. Plantamos leitugas, preparamos o millo para as Galiñas, comparamos o tamaño dos ovos das ocas cós das galiñas, dimos o seu panciño as ovellas e os peixes,..., pero sen dúbida o mellor momento foi cando nos deixaron montar nos cabalos!!!.

Pasámolo en grande, mirade mirade...




martes, 14 de mayo de 2013

O conto da miña infancia... Sofía.

A nosa princesiña Sofía é como unha pequena mulleriña, sempre respetuosa cós compañeiros, tranquila, dulce e mimosa. A súa nai, María, a que xa coñecíamos, veu a escola e contounos como foi a chegada de Sofía e como foron pasando estes 4 anos.

Sofía chegou ó 23 de Xullo de 2008 pequeniña e fermosa, gustáballe moito durmir e era moi boa, pero có paso dos meses abandonou esa costume fíxose un pouquiño chorona, algo quería non?. jeje. O tempo foi pasando e cada día estaba mais e mais grande, proba de elo son todas as fotos que teñen os seus papis nas que ademais Sofía posa como unha profesional: disfrazada, comendo larpeiradas, cós membros da familia...

Con un ano realizou a súa primeira viaxe en avión, e disfrutou moito de esas vacacións na praia. Outro dos recordos mais importantes de este primeiro ano é cando se disfrazou de sevillana, a paixón de case todas as nenas! Será o estampado do vestido, a peineta ou os tacóns?, jeje. Neste caso como era pequeniña non levaba zapato alto, pero dixo que ía volver a disfrazarse de Sevillana e poñer un tacóns ben altos.

Con tres aniños fixo outra viaxe, neste caso foi a Cabarceno, onde disfrutou coñecendo un montón de animais!. Con esta idade tamén chegou o momento de entrar na escola, a que se adaptou sen problema e na que fixo moitos amigos/as.

Entre as súas aflicións esta a de disfrazarse: cociñeira, estrela, bruxiña, princesa... sexa o que sexa pásao pipa!. Entre as cousas que mais lle gusta facer está montar a cabalo, xogar o golf, conducir o seu mini rosa que lle mercou polo cumple o seu padriño e o que lle ten un cariño especial, axudar o seu avó a cortar o céspede e facer deliciosas tartas!. De feito, esperamos recibir un dos seus ricos postres nas próximas semanas e así comprobar de primeira man como se lle da a cociña!.

Moitas grazas familia por este fermoso conto!.


jueves, 9 de mayo de 2013

O conto da miña infancia... Brais Rodríguez.

Brais é un neno moi dulce, cariñoso e moi tímido. O principio tardou en coller confianza con nos, ata parecía que sempre nos miraba de reollo cunha media sonrisa, jeje, pero agora xa perdeu toda a vergonza e deixouse coñecer tal e como é. O seu pai Abel, que nunca viñera a nosa clase, veu esta semana para contarnos o seu conto, e encantounos a súa visita.

Naceu o 15 de Decembro de 2008, chegou dez días antes de tempo xa que tiña previsto chegar con Papá Noel, pero adiantouse un pouquiño e deu a maior alegría Navideña a súa familia. De pequeno era moi bo e comilón, gustáballe durmir na súa hamaca antes de marchar para a cuna e os bibes zapábaos enteiros!.

Presentounos a toda a súa familia: avós, tíos, primos;  e vimos como celebra os seus cumples e as festas do Nadal na súa casa; aínda que tal e como conta o seu pai, a Brais as festas en xeral encántanlle, sobre todo aquelas nas que hai cocheciños de por medio.

Encántalle a auga, de feito nas súas primeiras vacacións en Portugal, non quería saír da piscina. En verán disfruta das tardes na praia, di que lle encanta a area e os xeados. Larpeiro!!!.

Moitas grazas o noso principiño de hoxe e os seus papis por este conto.


O conto da miña infancia... Rubén.

O noso principiño Rubén é un neno moi tímido pero cun fondo moi "juerguista" e divertido,pasa o día rindo aínda que cando quere sabe aparentar un semblante mooooi serio. O mércores veu a nosa escola o seu pai Javier, o que xa coñecíamos, a ensinarnos fotos dende que era bebeciño ata agora, e unha cosa nos quedou clara... non se pode saír con máis cara de pillo nunhas fotos, canto nos rimos!!!.


 Rubén ten un irmán maior, Pablo, o que adora; con él xoga, divírtese e aprende moitas cousas. Encántalle ir  ó parque, a praia e montar nos quad, de feito ten un que comparte có seu irmán. No seu conto presentounos a súa familia: padriños, primos, avós... e divertimonos moito vendo como foi o seu cambio dende bebé ata agora; aínda que certo é que hai unha cousa que non cambiou, o seu sorriso pícaro en todo momento.


 Javier rematou esta visita léndonos o conto preferido de Rubén e ensinándonos os seus peluches e xoguetes preferidos. 


Moitas grazas familia.


miércoles, 8 de mayo de 2013

Xogamos có panadero P e o leiteiro L.

Estamos coñecendo a novos membros do pais das letras, agora chegaron a panadeiro P e o leiteiro L, polo que se queredes xogar e aprender con eles, podedes picar neste enlace:

zonaClic - actividades - Érase una vez... 1

lunes, 6 de mayo de 2013

O conto da miña infancia... Marta.

A presentación do conto de Marta veu cunha visita que esperábamos con impaciencia... a da súa irmá Paulita, que ten tan só tres semaniñas!.

Marta é una nena moi madura, dulce e cariñosa,caracterizada por un sorriso permanente. É moi charlatana e dende que soubo a gran noticia de que a súa nai estaba esperando un bebé, vivimos con ela o embarazo porque cada día nos facía un resumo dos cambios e momentos que estaba vivindo, polo que sentimos a Paula como unha máis porque é como se xa a coñeceramos.



A nosa princesiña do día chegou en Xuño de 2008 dando unha inmensa alegría a toda a súa familia, que a esperaba impaciente. Un bebé comilón e dormilón que se foi convertendo nunha nena a que lle encanta estar na rúa, xogar, pasar tempo cás súas amigas e ata ir animar ó campo do Depor dende ven pequeniña.



No verán encántalle pasar tempo na praia, no tempo de frío gústalle estar na casa xogando cás amigas e os papis e sobre todo, cantar; tal e como nos conta agarra o seu micro e canta Rock and Roll. jajaja. Tamén lle gusta bailar e encántalle disfrazarse, conta que o faría todos os días e que lle encantaría estar en entroido durante mais tempo para poder poñerse máis disfraces.



A súa última viaxe foi a neve, onde pasou uns días cós papis e a súa amiga Uxía. Alí alugaron uns trineos e xogaron durante horas, mentres disfrutaban ríndose das caídas dos maiores. Gústalle moito a natureza e sempre conta o ben que o pasa en Berdillo cós seus avós xogando ó aire libre!.

 

Moitas grazas por esta visita tan especial!.

jueves, 25 de abril de 2013

O conto da miña infancia...Xano.

Tras largos meses de espera desexando que os seus papis viñeran a nosa clase, Xano cumpriu o pedido...Yuli e César, acompañados do seu irmán Rodrigo viñeron o pasado xoves. Tiña moitas ganas de esta visita porque nas ultimas manualidades non lles foi posible asistir, polo que estes días andaba un pouquiño nervioso esperando o seu día!.

Xano é un neno con moita personalidade, maduro e charlatán, unha vez que colle confianza e vence esa timidez dos primeiros momentos. Chegou ó mundo nunha data importante para moita xente, 20 de Xuño de 2008. España xogaba a Eurocopa e Xano chegaba ó mundo!. Os españois estabamos de celebración e os pais de Xano vivindo un dos mellores momentos da súa vida.

Un fermoso bebé o que lle encantaba comer da teta da súa nai,  que tal e como contaba Yuli, sempre estaba perfecta...nin fría, nin quente... e tan rica!. Con cinco meses chegou o momento de ir a gardería, lugar do que trae un bo recordo e moitos amigos, como é o caso de Iago. Sempre lle gustou ir ó parque e alí comparte momentos con dúas das súas amigas mais especiais: Anxela e Alessandra. Moito nos fala de elas!.

Con dous aniños marchou a pasar as vacacións a Suíza, onde facía moitísimo frío, e alí foi o encargado de dar un notición... nuns meses ía ter un irmán!.  Así foi, o tempo pasou e chegou Rodri!. De isto xa case pasaron dous aniños e agora o seu irmán é o seu compañeiro de xogos, palomitas e dunha habitación que el describe como: a nosa habitación de homes!.

Tras este gran momento cheo de emocións, esperaba outro paso tamén importante... deixaba a garde e chegaba o cole de medianos. Aquí fixo novas amistades e xuntos estamos tentando aprender moitas cousas novas, explorando, xogando... divertíndonos xuntos. E con estes contos aprendendo un pouquiño máis sobre os nosos compañeiros/as. No caso de Xano agora sabemos que unha das súas paixóns son os cómics, encántalle o momento no que o seu pai lle conta unha parte do cómic antes de durmir. Os seus preferidos son Mortadelo e Filemón.

Moitas grazas por vir e contarnos a vosa fermosa historia.


martes, 23 de abril de 2013

Coñecemos o Oso afanoso cuns relatores moi especiais...


A pasada semana viñeron a nosa aula os nenos/as da clase de 4º de educación primaria e grazas a eles difrutamos de un bo rato de lectura.

Graciela e Alex, os irmáns dos nosos compañeiros Unai e Izan, encargáronse de relatarnos o conto do "oso afanoso; e para poñerme un toque máxico, os seus compañeiros fixeron os coros de este conto. Fixérono en grande!.

Para rematar esta fermosa sesión de lectura, Graciela ensinounos unhas piñas e ramas das árbores do lugar que visitou este fin de semana.

Moitas grazas compañeiros/as por compartir con nos estes momentos!!!. Volvede pronto.

miércoles, 17 de abril de 2013

O conto da miña infancia... Aitor.

Este peque, en idade que non en altura, que vedes nas fotos é o noso compañeiro Aitor. É un neno moi alegre e charlatán;  levaba semanas contando os días que faltaban para que viñera a súa nai María, para mostrarnos a historia da súa infancia.

Este conto comeza a noite do 27 de Xaneiro de 2008, un fermoso e inquieto bebé ó que lle encantaba durmir sestas no colo da súa nai. Pouco a pouco, Aitor foise convertendo nun homiño, comezaba a dicir as súas primeiras palabras, a comer cada día máis cousiñas, e tamén unha das aventuras máis grandes para un neno pequeniño... comezar a camiñar!. Pero isto trouxo consigo que a tranquilidade na súa casa acabárase durante un tempo, Aitor fíxose tan independente que todo era abrir caixóns, figuriñas rotas, ... pero o máis curioso e que nos fixo moita gracia, é que lle encantaba coller o teléfono e pulsar o botón vermello... o 112 de emerxencias!!!.

Aitor é un gran aficionado ó volante encántalle montar no camión do seu papá. Tamén lle encanta ir á praia, xogar na area e chapotear nos charquiños de auga, o verán para el sempre é unha etapa especial que disfuta ó grande, este aínda máis xa que grazas as súas clases de natación di que vai cruzar Razo a nado!. As súas últimas vacacións foron en Lanzarote, lugar de onde sempre nos conta que tivo que viaxar nun avión moi grande.

Pero tras un deses veráns chegou un momento moi importante... o comezo da escola!. Aquí fixo novos amigos que lle queren moito, cós que xoga e aprende de cotío. Unha fermosa etapa...

Moitas grazas por compartir estas aventuras con nos!.

viernes, 12 de abril de 2013

O conto da miña infancia... Hugo Martínez.

O noso compañeiro Hugo Martínez é un neno moi doce, charlatán e moi divertido. A súa paixón é o mundo do motor, sempre nos fala sobre a súa colección de coches, coñece todas as marcas e modelos, polo que é todo un experto. Hoxe coronámolo como principiño do día para que nos contara a súa historia que con moito cariño realizou cá axuda dos seus papás.

Este conto comeza tal e como nos relata: "con mami y su barriguita muy muy grande; pero justo cuando estaba a punto de explotar... fue al hospital y pummmm nací yo!". Contan que era un bebé moi moi cariñoso, alegre e bo, o que sempre lle encantou a hora do baño.

Os veráns pásanos en Sanxenxo e máis en Baldaio,aquí ten unha piscina na que disfruta moitísimo  xogando cós seus primos. Alí celebra os seus cumpleanos e ten a súa colección de coches grandes. Hugo é de moi bo dente, tanto come unhas amixas, como uns chourizos, xeados, froita... qué maravilla!.


Remata este conto facendo un breve resumo dos seus catro cumpleanos, falándonos dos regalos que máis lle gustaron , recalcando que lle encantaría no próximo cumple recibir outro cadeliño; un novo amigo para o seu querido Tom.

Fermoso conto, moitas grazas.


 


martes, 9 de abril de 2013

O conto da miña infancia... Iago.

Iago é o noso pequeno terremoto, sempre feliz intentando sacarnos a todos un soriso. Os seus papás Javier e Luz viñeron a nosa aula para contarnos como cambiou a súa vida dende ese mes de de Octubro de 2008 no que por fin coñecían o seu neno!.

 De pequeno era moi tranquilo, un pouquiño desastre coa comida e moi xuguetón; encántanlle os momentos nos que pasa o rato xogando cós seus papás; sobre todo no verán cando van para a praia cargados cós bocatas, carretilla, palas,... e alí pasa horas xogando cá area e a auga.

 Outro dos sitios preferídos de Iago e dos que máis nos fala ó longo do curso é a casa dos seus avós. Alí teñen moitos animais: vacas, terneriños, cans, coellos,... e Iago pasa tardes enteiras axudando a coidalos. Na aldea outra das cousas que máis lle gusta é ver os tractores, conta que cando sexa maior antes de comprar un coche, comprará un mega tractor para ir a traballar.

 O último viaxe que realizaou foi a Colombia, lugar onde vive a súa familia materna. Alí pasou as Navidades acompañado dos sus avós, as tias e as primas. Pasouno en grande poqrue pasaba o día xogando na rúa, fixo amigos novos de todas as idades. Na súa festa de despedida preparáronlle unha fermosa e xigante tarata de cars, oun dos seus debuxos preferídos!.

 Grazas por contarnos esta historia e acompañarnos na súa presentación.

lunes, 8 de abril de 2013

O conto da miña infancia... Brais Isorna.


Este é Brais Isorna, o noso riciños!. A súa nai, Mari, veu a escola para contarnos anécdotas sobre a infancia do seu peque e facer un breve resumo de estes 4 aniños. Sentados no trono do principiño e acompañados do peluche preferido de Brais, relatáronnos entre outras, estas cousiñas...

Todo comezou en Setembro de 2008 cando Brais naceu, veu moi pequeniño polo que os médicos tivérono un mesecillo "na caixa máxica", estivo alí ata que creceu o suficiente para poder marchar a súa casiña; un gran día para toda a súa familia!.

A Brais encántanlle os medios de transporte: tractores, escavadoras, coches, motos... é feliz xogando cós seus transportes. Outra das súas aflicións é a lectura, encántalle escoitar contos; entre os seus preferidos encontramos os dos Bolechas.

Na súa casa ten tres animais, dous cans e un peixe, aínda que recoñece que dos tres o que máis lle gusta é a súa cadela Luna, pola que ten un cariño especial. Gústalle facer excursións, os seus papás lévano a visitar diferentes lugares con frecuencia.

O noso Brais é moi doce pero tamén moi tímido, quizás é por iso que durante todo o relato ríase sen parar, e pasouno en grande cada vez que miraba as súas fotos!. Moitas grazas por este fermoso conto.

sábado, 6 de abril de 2013

Os pequenos alfareiros...


Fai unhas semanas emprendemos unha pequena viaxe en dirección ó Ecomuseo forno do forte en Buño, lugar onde tivemos a oportunidade de converternos en alfareiros e disfrutar traballando o barro.

Algúns dos edificios que compoñen o ecomuseo foron vivendas de oleiros ou xornaleiros, polo que vimos como era a vida cotiá destas familias. Actualmente conta con dúas casas que teñen mobiliario típico da época, así coma pezas de lembranzas. Tamén teñen salas onde se expoñen pezas antigas de barros. Desfrutamos a visita pero o que máis nos gustou foi o momento no que preparados có noso mandil dispuxémonos a traballar có barro!.

Aquí vos mostramos como foi a nosa andanza...

viernes, 5 de abril de 2013

O conto da miña infancia... Naiara.

Naiara é unha princesiña de 4 anos a que lle encanta charlar e xogar cás súas amigas. A súa nai, Mónica, veu a nosa aula a contarnos un pouquiño sobre a vida de Nai, os seus gustos, aflicións...

Naiara naceu pequeniña pero con moita forza. É a pequena da familia xa que ten un irmán maior Iago, o que quere moitísimo. Dende bebé a súa nai nos conta que é mala comedora, excepto cós doces, que para eles non ten problema!.

Na súa casa pasa horas disfrazándose, encántalle poñer tacóns e maquillarse; está desexando medrar e facerse unha chica para poder saír así a rúa. Gústalle moito viaxar, a última viaxe que realizou foi cá súa familia a Burgos e pasárono en grande!. O seu deporte favorito e que actualmente practica durante a semana é o taekwondo.

Cun amplo e fermoso reportaxe fotográfico remata, polo momento, esta historia.

jueves, 21 de marzo de 2013

Despedimos o inverno...

Partíamos para esta manualidade dos seguintes materiais:

 - Unha pelota de tenis.
 - Unha pelota de ping pong.
 - Tres botóns.
 - Dous calcetíns.

 Con ilusión, imaxinación e a axuda das nosas mamis, conseguimos crear uns fermosos bonecos de neve!. E con esta manualidade despedimos así o inverno do 2013.

Algúns dos nosos bonecos son de este planeta, outros son o reflexo de lindísimos extraterrestres con grandes ollos, sen dúbida, cada neno/a sempre deixando a súa pegada, que é o máis importante!.