sábado, 22 de marzo de 2014

Taller de disfraces.


Despois de dúas semanas deseñando os nosos disfraces coa axuda das nosas familias, o resultado encantounos!. Moitísimas grazas pola vosa paciencia e colaboración. Sin vos, non conseguiríamos un resultado tan chulo!. 

Grazas papis!. 

jueves, 13 de febrero de 2014

Comezamos a deseñar os nosos disfraces!.

Hoxe posta en marcha do taller de disfraces... os resultados nunhas semaniñas!.

Grazas papis pola vosa colaboración!.

martes, 7 de enero de 2014

Remata o Nadal e...volta ao cole!.

Tras unhas semaniñas de descanso, este xoves volveremos para a escola coas pilas cargadas. 

Esperamos que disfrutárades do Nadal. Dende aquí vos desecamos feliz ano 2014! 






sábado, 4 de enero de 2014

Xa chegan os Reies...

Espectacular a chegada dos Reis Magos a nosa escola!. Entregámoslles as nosas cartiñas que contiñan os nosos desexos para este Nadal e logo... comilona!.


Noraboa os nosos compañeiros Xano e Sofía polos seus premios no concurso de postais do Concello de Carballo.

Os nosos compañeiros Xano e Sofía foron elexidos como gañadores de dous accesid no concurso de postais do Concello de Carballo. Noraboa peques!.

Pequenos pandeiros!.

A nosa visita a panadeira Roiser en Coristanco foi mooooi divertida!. Alí os panadeiros explicáronnos cada un dos pasos que temos que seguir para poder elaborar pan, croissants, turrón,... de feito, deixáronnos probar a facelos, e quedaron deliciosos eses panciños que levamos para a nosa casiña.

Gustounos moito esta experiencia, pero todo elo grazas os grandísimos panadeiros que nos coidaron con toda a súa paciencia e cariño. Grazas Roiser.

Imos de compras.

Un día na aula xurdiu a dúbida de porque nos nosos billetes do xogo do mercado non existía o billete de 40€, así que puxémonos mans a obra a investigar que tipos de billetes existen. Unha vez que tiñamos claro o valor de cada billete organizamolos de maior a menor; e o mais difícil, senón existe un billete de 40€, qué combinación dos outros billetes temos que facer para poder pagar?. 

 E así pasamos una días..de compras na nosa clase. Para rematar, debuxamos que poderíamos mercar con 20€; cada un de nos debuxou o que lle gustaría e púxolle prezo, que en total non podería sumar máis de 20€. 

 Foi divertido!.