sábado, 5 de mayo de 2012

Conductores de primeira grazas a Pili.


Esta semana recibimos as nosas primeiras clases de condución. A nai de Brais Rodríguez, Pili, veu a escola para falarnos da súa profesión: a de monitor de autoescola.

Pili comezou explicándonos que para poder conducir un coche debemos de sacar o carné, o mesmo que cunha moto ou un camión.  Para elo, díxonos que todo comeza realizando o exame teórico, no que debemos de estudar as normas de circulación, significado das sinais de tráfico, ...; unha vez que aprobamos o primeiro exame, chega o práctico, onde a nai de Brais é a que nos vai indicando como facemos para aprender a arrancar, frear, aparcar, ... Todos os coches que levan alumnos que están aprendendo a conducir, levan unha sinal azul cunha L. Cando aprobamos o exame e xa temos o carné, dannos unha sinal para poñer no cristal traseiro do noso coche verde cunha L, que significa precaución porque esa persoa acaba de sacar o carné, e como nos dixo o Pili aprender a conducir leva o seu tempo!.

Unha vez que aprendemos en que consiste o seu traballo e que precisamos para sacar o carné de conducir, puxémonos a práctica. Pili traía un mando de conducir que incluía as ferramentas básicas para que o coche funcione: a chave para arrancalo, o depósito para botar gasolina ou gasóleo, o volante, os intermitentes, ... e puxéronse mans a obra, os meus nenos/as deron a súa primeira clase de condución.

Moitas grazas Pili por esta clase tan divertida!!!.

3 comentarios:

  1. Como mola !! esta clase veunos de maravilla para o vindeiro martes...moitas gracias Pili

    ResponderEliminar
  2. Como son as cousas: Pili ensinoume a min a conducir e 12 anos dedpois ensinalle o meu fillo!!!!! Moitas gracias Pili, eres unha profesora maravillosa!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Rocio perdinme o circuíto, pero xa me informaron os meus nenos/as que foi xenial!.

    Yuli, iso nos contou Pili, que foi a túa profe na autoescola, jeje, estráñame que non cho contara Xano.

    ResponderEliminar