jueves, 19 de abril de 2012

Imos facer a compra semanal con Susana e Pili!.

A semana pasada viñeron á escola as mamás de Uxía e de Marta, Susana e Pili; para explicarnos en que consiste o seu traballo. Na aula tiñan preparado un mercado con variedade de produtos e unha caixa rexistradora igualiña que as do supermercado; e cargadas de enerxía e paciencia ensináronnos a facer a compra da semana!.

 En primeiro lugar, falaron sobre algo que considero básico e que me pareceu unha idea xenial: a importancia de mercar tan só o que necesitamos; entendimos así que todos eses produtos que lles pedimos os papis que nos merquen, custan moitos cartos, e para elo nos deron a cada un unhas monedas de chocolate, coas que tíñamos que comprar o imprescindible. Así foi, elas traían nun carrito os produtos básicos que necesitamos ter sempre en casa: leite, pan, auga, aceite, patacas, ovos, azucre, sal, galletas, froita, iogures,... puxémolos no noso mercado, e cada neno/a fixo a súa compra!. Collían o carrito, os seus produtos, preguntábanlles as dúbidas e por último, xa na caixa, utilizaban as súas monedas para pagar!.

 Tamén, repasamos os produtos que corresponden a cada sección do supermercado; xa que non podemos ir a facer a compra se non sabemos movernos polo super e identificar onde mercamos cada produto. Por elo, tiñamos preparadas unha caixas con: froitas, verduras, marisco, pescado, carne, ... e Susana e Pili aclaráronnos onde podíamos encontrar cada unha de estas cousas.

 Foi unha sesión de compra moi divertida!. Pasárono "pipa" facendo a súa compra, xa están preparados para dirixir os papis no super e mercar os produtos da semana, probáde!.

 Moitas grazas a Susana e a Pili, pasámolo en grande!.

5 comentarios:

  1. Foi unha compra un pouco caótica, así por momentos (na realidade ás veces ocorre o mesmo, je je) pero paseino moi ben e rinme moito cas ocurrencias deles. Facíame gracia a cara de concentración que poñían á hora de pagar. Estivo moi divertido.

    ResponderEliminar
  2. Si, cós peques as veces hai situacións bastante caóticas pero sempre divertidas. O tomaron tan en serio que ata metían os cartos no bolsillo coma os maiores!!!. Logo chupaban as súas monediñas antes de pagar, jaja... Toda unha aventura.

    ResponderEliminar
  3. Ten boa pinta ese supermercado!!!

    ResponderEliminar
  4. Ahora que teño o Mercadona cerrado.... terei que ir facer a compra o super da Cristina..jejeje

    ResponderEliminar
  5. Pois xa sabes Rocío, temos boas ofertas, eso sí só cobramos en efectivo de chocolate!!!

    ResponderEliminar