martes, 27 de diciembre de 2011

Dossier do proxecto: O mundo de Gus.


Durante este trimestre realizamos este dossier de traballos sobre o mundo de Gus. Como xa sabedes, investigamos sobre a vida no mar e no rio, os diferentes animais, que comen, os deportes que podemos practicar, ... O proceso de investigación foi o noso primeiro paso, logo fixemos o noso mural do mundo de Gus, un gran traballo en equipo ca axuda das familias, e por último queríamos plasmar todo o aprendido en diferentes traballos manuais de forma individualizada. Para elo, buscamos un debuxo que reflexase o aprendido nese día, para posteriormente, decoralos con diferentes recursos materiais: pintura de dedos, ceras, cartulina, papel pinocho, acuarela, papel de seda, ... e o final conseguimos plasmar neste dossier as ideas clave de todo o traballado neste trimestre sobre o proxecto.

A verdade é que os nenos/as fixérono moi ben, esforzándose por deixalos ben bonitos, disfrutando mentres probaban diferentes materiais.



lunes, 26 de diciembre de 2011

Visita do carteiro real.

Comezamos a semana realizando as cartas para os Reis Magos con moita ilusión, e por fín o mércores chegou o día que estábamos esperando, o carteiro real veu a recoller as nosas cartas para que lles chegasen a tempo a Melchor, Gaspar e Baltasar. Foi un gran momento!.



domingo, 25 de diciembre de 2011

Festa de Nadal.

O pasado mércores celebramos na escola a festa de Nadal. Degustamos unha rica merenda na que os nenos/as de 4º, 5º e 6º de educación infantil puideron probar diferentes turróns. Rematamos a mañá cunha divertida sesión de cine e palomitas mentres vían "Mickie Mouse descubre la Navidad". Pasámolo moi ben!!!.

 Non esquezades que a volta das vacacións celebraremos a festa do novo ano, na que precisamos que todos os nenos/as traían o seu cotillón para empezar o 2012 con moita ilusión!.

Paula.

lunes, 19 de diciembre de 2011

Recital de poesía.

Grazas aos nenos/as de 5º de educación primaria e a súa profe Cris, puidemos disfrutar dunhas entretidas poesías escritas polo autor Juan Clemente e ilustradas por Aitana Carrasco. Os alumunos/as adaptaron as poesías para poder recitalas aos máis pequenos, axudados da súa voz e uns debuxos feitos por eles.

Moitas grazas por compartir esta bonita experiencia con nós.

Paula.

Elaboramos postais para as nosas familas.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Despedimos o Outono.


O Outono, esa estación que os meus nenos/as describiron como: "é un tempo triste porque fai moito frío e vimos a escola cando aínda é noite ". A verdade é que teñen toda a razón, o frío apreta e cando chegamos ó cole, todavía está o ceo escuro. Pero para buscarlle a parte positiva e bonita a esta estación, fixemos unha festa do Outono onde destacabamos as cousas boas que tiña: por fin podemos poñer esas luvas que tanto nos gustan, abrir o noso paraugas preferido, xogar entre as follas que caen das árbores, comer castañas, cabazas, mandarinas, uvas... e o final, tras ir traballando e descubrindo día a día estas cousas que nos ofrece esta estación,  despedirán o Outono cun bo sabor de boca.

Aquí vai un pequeno resumo da despedida que fixemos o Outono.

Paula.