miércoles, 27 de febrero de 2013

A caza dos números!.

A mellor forma de aprender é sen dúbida xogando. A educación ten e pode ser divertida, é a mellor forma de interiorizar ben e con ganas calquera tipo de contido. Un dos xogos que máis nos gustan é o da caza dos números. 

En realidade tan só son uns números de xoguete cós que comezamos facendo series, ordenando, ... pero cada semana vamos engadindo normas novas. Hoxe tocounos buscar e formar o número total de cousas rosas e azuis que había na clase e as cosas que tíñamos en forma de círculo e cadrado. Terminamos cunhas sumas nas que axudábamos o neno/a que nos guiaba a buscar a solución.

O conto da miña infancia con Eloy.

Esta semana comezamos unha nova actividade moi especial. Cada neno/a elaborou cá axuda da súa familia o conto da súa infancia, onde relatan os momentos máis importantes destes 4 aniños de vida. 

Hoxe comezamos con Eloy. O 10 de Decembro de 2008 nacía un fermoso e pequeniño bebé, que polo que conta este relato era moi bo. Preséntanos os seus papás, avós e padriños. Cóntanos que na gardería e preescolar coñeceu a algúns dos compañeiros/as que a día de hoxe están na nosa clase: Marta, Iago, Lucía, Uxía e Xano, ata hai algunha foto de eles cando eran máis pequenos!. Fala das súas vacacións e por último nos destaca que é un neno moi festeiro e lle encantan todas as verbenas!. Xa coñecemos algo máis sobre os gustos e a vida do noso compañeiro Eloy, que se ría moito vendo as súas fotos!. Encantóunos.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Contacontos.

O pasado luns recibimos unha carta que nos deixou moi intrigados... Nela dicíanos que ían vir a escola dous persoas moi especiais que nos ían presentar un mundo máxico de contos e aventuras, tan só tiñamos que esperar e estar pendentes ó momento no que escoitásemos música saíndo da biblioteca, sinal que nos indicaría que acababan de chegar a nosa escola e estaban listos para que vivísemos con eles a aventura.

Así foi, onte cando entrabamos para a clase dende o recreo escoitamos música de fondo, e todos sorprendidos nos preguntamos de onde viña?... da biblioteca!, alí nos estaban esperando. Entre outros instrumentos puidemos escoitar como tocaban o acordeón e a pandeireta, moi ben por certo!. Unha vez que fixeron a súa presentación chegou o momento de escoitar os fermosos contos, todos eles da editorial Kalandraca, algún de eles: "Qué che gustaría ser?", "Lúa", "A galiña roxa", "Crocodilo", "Os petos de Loreto",... Entre tanta aventura, tamén vimos o personaxe protagonista da mañá, que esperaba caladiña no baúl máxico... a serpe Crictor, verde e moi longa!.

A verdade é que foi unha sesión de contacontos moi entretida, pasámolo moi ben. 

lunes, 18 de febrero de 2013

Con moito cariño...


Este foi o resultado dunha mañá na que en honor o noso Cupido elaboramos unhas fermosas postais para as nosas familias, recordándolles o moito que as queremos!. É certo que o amor non so se vive entre as parellas, como falamos, está presente na nosa vida dende que nacemos: as nosas familias, os nosos amigos, os mestres,  compañeiros que vamos coñecendo ó longo da nosa vida... Cupido viaxa polo mundo todos os anos o 14 de Febreiro e nos aproveitamos a ocasión para reflexionar sobre a importancia da amizade. 



miércoles, 13 de febrero de 2013

Porque isto é tráfico!!!.


O venres pasamos de ser os 25 nenos/as da clase de 5º de infantil da Cristina, para ser un fermoso parque automobilístico con todo luxo de detalle, regulado por unhas simpáticas sinais e uns policías xeniais que nos dirixiron o camiño ata chegar ó ximnasio onde representamos para as nosas familias un baile.


A verdade é que todas as horas de traballo invertidas na elaboración de estes lindos disfraces mereceron a pena. Dende aquí agradecer toda a axuda ofrecida polas familias, que foi moita e sen ela non conseguiríamos este resultado. Grazas por estar sempre dispoñibles para axudar na escola. 


O entroido sabe a... orellas, rosquillas, filloas. Deliciosas!.

Que boísimos estaban todos os doces típicos de estas datas e que ben o pasamos na nosa merenda de entroido. Xuntámonos cós compañeiros/as de 3 e 5 anos e desfrutamos tamén dun tempo de baile onde o pasamos en grande!. 

Moitas grazas a todas as familias por aportar o voso graniño de area a esta merenda con istos ricos doces!.