martes, 22 de mayo de 2012

Xornadas Ludiculturais.



O xoves levamos un tremendo susto con final feliz e moi divertido!. Estabamos merendando cando de repente comezou a entrar fume por debaixo da porta da nosa clase!. A sirena do cole sonou tres veces, sinal que nos indica que temos que evacuar no menor tempo posíbel. Así foi, puxémonos o tren rapidamente e saímos para fora a espera da chegada dos bombeiros. A verdade e que se portaron como uns campións e en escasos minutos estabamos todos no patio.

Tras esta aventura, vivimos a mellor parte de esta experiencia: coñecemos os bombeiros e subimos os seus camións. Foi moi divertido!



O venres viñeron a escola os pais de Iria e Elsa, alumnas de catro anos; a realizar un taller de reciclaxe con nos. Para elo, precisamos metade dun brik de leite, o que tras lixalo, botámoslle un pouquiño de cola con auga; posteriormente estendémola ben e pegámoslle unhas follas de revista. Unha vez que xa secou, puidemos ver o resultado final:uns fermosos portalápices!.

 Moitas grazas por ensinarnos e realizar con nos esta manualidade!.


1 comentario: