sábado, 2 de junio de 2012

Un pitiño na nosa clase!.


Comezamos o noso novo proxecto: "O galo Paco" fai xa unhas semanas; este ten como obxectivo coñecer os animais, coidados e a vida da granxa. Para dar comezo a esta experiencia que queremos vivir o máis cercan posíbel, tivemos con nos na aula a Letras, un fermoso "pitiño" (xa estaba ben crecidiño), o que coidamos con moito cariño. Polas mañás o chegar a aula, limpabamos o espazo onde estaba, daba uns paseos pola clase e logo a almorzar!. Foi unha experiencia moi divertida telo con nos; pero aquí non acaba... temos máis sorpresas o longo de este mes!.

Para interiorizar ben os coñecementos sobre os protagonistas do nosos proxecto, Paco: o galo, Chiruca: a galiña e Letras: o pitiño; fixemos algunhas actividades da pizarra dixital, nas que previamente habíamos recollido e analizado a información necesaria sobre a vida e coidado de estes, así logo repasamos todo o aprendido: cando nacen os pitiños, como se coidan, cando poñen ovos as galiñas, que comen, onde viven...

Seguiremos contándovos as nosas andanzas como pequenos granxeiros!.


2 comentarios:

  1. aaaaiiii Pauliña!!! ES unha muller ben chea de paciencia!!!!

    ¿quen corriu máis? os nenos detrás do pito, ti detrás do pito, ti detrás dos nenos que ían detrás do pito, o pito detrás dos nenos....jajaja!!!!

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que o panorama era claro: os nenos detrás do pito!. O pobre Letras creo que marchou estresado con tanto neno ao redor, jeje. En canto me despistaba, alí estaban ao seu carón, que si tiñamos que darlle máis de comer, se tería frío, se necesitaba pasear,... chegaban á clase pensando en se estaría crecido suficiente como pa poñernos un ovo, toda unha aventura Yuli!.

    ResponderEliminar