jueves, 10 de mayo de 2012

Con agulla, fio e a axuda de Masiel cosemos o noso primeiro botón.

Esta semana veu a nosa clase Masiel, a mamá de Enola. Ela é costureira e veu cargada de enerxía e paciencia para ensinarnos a cada un de nos como se cose un botón.

 Primeiro contounos en que consiste esta profesión, os tipos de roupa que podemos crear, e os materiais que utilizamos: a agulla, o fío, o dedal, as tesoiras e a cinta métrica.

 Xa postos na teoría, comezaron ca práctica; e hai recoñecer que non o fixeron nada mal. Cada un coseu o seu botonciño con moito coidado e dedicación. Agora xa sabedes, cando caía un botón do mandilón, os nenos/as xa o solucionan!.

 Moitas grazas Masiel, esperámoste o ano que ben con outra clase de costura!.

1 comentario: