jueves, 10 de mayo de 2012

Plantamos unhas fermosas Azaleas coa axuda de Jose Manuel e Ana.

Un dos centros de interese que estamos a traballar na aula é a chegada da primavera: os cambios que se producen no noso contorno, as prendas de roupa que nos poñemos, ..., polo que a visita dos papás de Adrián, Jose Manuel e Ana veunos de marabilla, xa que nos contaron en que consiste a profesión de xardineiro. 

Ana ensinounos diferentes tipos de flores e setos que podemos plantar ou encontrar no noso contorno, visualizamos un vídeo no que aprendemos como se prepara a terra para facer un xardín con céspede e flores,  aprendemos os coidados básicos necesarios para que as plantas podan vivir, así como as ferramentas necesarias para o seu coidado: o cortacésped e os diferentes tipos de este, a podadora, rastrillo, serroucho e mangueiras, entre outros.

Finalmente vimos como hai que facer para plantar as Azaleas; Jose Manuel ensinounos: primeiro botamos a terra,  logo, transplantamos a planta, e finalmente lle poñemos trociños de corteza de arbore, que evitan enfermidades na pranta. Agora tan só nos queda levar a cabo todas as indicacións que nos recomendou Jose Manuel para coidar estas fermosas Azaleas! 

Moitas grazas os papis de Adri pola dedicación e por regalarnos estas lindas plantas. 



1 comentario:

  1. XANO: Mira mama ás plantas poñémoslle colonia (XAno todo o que ven en flix flix para el é colonia) e medran e medran e fanse grandes e sacan flores....(rise) é que mo dixo o papá de Adrián!!!!

    ResponderEliminar