lunes, 14 de mayo de 2012

Xornadas ludiculturais.

A pasada semana a AMPA da nosa escola organizou as xornadas ludiculturais, que estiveron compostas por diferentes actividades moi divertidas, traballando diferentes centros de interese ca axuda das familias: a educación vial, o reciclaxe, as profesións, a enerxía,...


Os nenos/as de infantil disfrutaron dunha actividade cada día. Comezaron o martes cun circuíto no que se traballou a educación vial, dirixido por un policía municipal e cá axuda das nais!.




O mécores recibimos a visita do pai de Diego, de catro anos. Veu a ensinarnos en que consiste a súa profesión e desfrutamos vendo por primeira vez, como se deseñan e fan os aneis. Puidemos ver as súas ferramentas e incluso probalas!.

Moitas grazas por permitirnos disfrutar de esta experiencia e aprender como e con que se fan as xoias.




2 comentarios:

  1. aahahaha!!!!! que envexa!!! Eu tamen queria aprender a facer aneis, ainda que fose cas anillas das latas da cocacola...

    ResponderEliminar
  2. Que levante a man o que un neno non lle dera nunca unha lección de educación vial!!

    como me imaxinaba... non a levanta ninguén!!!! jajajja

    ResponderEliminar