domingo, 10 de marzo de 2013

O conto da miña infancia... Uxía!.

A historia de Uxi comeza uns aniños despois da voda de Susana e Bruno, os seus papás, cando chegou a gran noticia, esperaban un bebé. A súa primeira foto é da ecografía na barrigaña da súa mami, tan só se apreciaba un pequeno gabanciño que pasou alí 9 largos meses, nos que Susana conta que xogaban a imaxinar como sería, debuxandolle cariñas na barriga. Por fín, un 9 de Marzo chegou Uxi ó mundo; un bebé pequeniño e moi bo o que lle encanta pasar tempo no baño, sendo ahí onde comeza a súa afición á piscina e a natación, un dos seus deportes preferidos.  

Falanos dos peluches que máis quere dende que é un bebé: Gusy e Mapache, cós que durme e xoga polas noites antes de que o seu papi lle lea o conto. Uxía é unha nena moi independente a que lle encanta pasar tempo no parque cós seus amigos e viaxar. Dende pequeniña conta que foi coñecendo diferentes lugares, aínda que sempre destaca que ten ganas de volver a Gran Canaria, lugar onde se divertiu moito e fixo novos amigos. O último viaxe que realizou foi a neve cá súa amiga Marta e os papis, onde alugaron un trineo e difrutaron xogando con él. 

Encánalle facer festas de pixamas coas súas amigas Saray, Carla e Berta, aproveitan para xogar e maquillarse, algo que lles encanta!.  Xa para rematar cóntanos como foi o seu último entroido cunha foto disfrazada de sevillana, destacando que levou postos os seus tacóns durante horas!. Uxi da o toque final de esta fermosa historia coas fotos das súas mellores amigas, o lugar onde o mellor o pasa: de vacacións, e unha foto cá súa mestra do entroido pasado. 

Fermoso conto...grazas por compartir este momento con nos Uxi!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario