miércoles, 13 de marzo de 2013

O conto da miña infancia... Izan!.


Comezamos a semana có noso compañeiro Izan coronado como rei, esperando entusiasmados a súa nai para así escoitar o seu conto. 

Tal e como podemos ver nas súas primeiras fotos, Izan é un neno que pasa o día rindo; é de poucas palabras pero sempre acompañado por ese soriso que lle caracteriza. Veu o mundo pequeniño xa que se adiantou un meseciño, pero como é un bo comilón pronto recuperou e converteuse pouco a pouco nun pequeno meniño e tal e como destaca a súa nai no conto, buscaba ser independente dende os primeiros momentos. Encántalle a hora do baño, sobre todo cando comparte ese momento có seu irmán Alex!. 

É moi bo comedor, ben seña pescado ou carne, e de todas as froitas a súa paixón son as fresas, aínda que tamén é un bo larpeiro,  o primeiro día que lle deron a probar os gusanitos, "zampoú" a bolsa enteira!. Falounos dos seus cumpleanos, sempre rodeado da súa familia. Tamén nos contaron os lugares que visitaron, destacando que lle encanta o verán porque disfruta moito na piscina!. O seu deporte preferido é o fútbol e lle gustaría probar cá natación. 

Izan rematou este conto cunha páxina na que conta cales son as súas series e películas preferidas, entre as que destacan moitas nas que coincidimos todos: dora, bob esponja, caillou, pocoyó... 

Grazas por compartir a vosa historia con nos!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario