miércoles, 6 de marzo de 2013

25+1 ... aquí vos presentamos a Valentín.

Este ano Cupido deixounos na aula un fermoso detalle, o noso peixe Valentín!. A verdade e que tras a experiencia do ano pasado cando tivemos na aula a Letras, Chispita,Pepa e Pipo e o noso querido Gus, xa imaxinaredes que estamos encantados de recibilo e tamén que o coidamos de marabilla!. Cada día temos un encargado que é o que lle da de comer, e dúas veces a semana encargámonos de cambiarlle a auga; para elo collemos unha botella na que temos a súa auga preparada e en repouso durante tres días para evitar que o cloro lle faga dano a Valentín, posteriormente, lavamos a pecera e o mudamos!.

A raíz da chegada de Valentín xurdiron dúbidas sobre a vida dos peixes, algunhas de elas que xa investigáramos no proxecto do ano pasado de Gus, como: por onde nacen os peixes, de onde ven a comida que lle damos a Valentín, se teñen dentes e lingua, de que se alimentan no mar... dúbidas das que primeiro escoitamos as hipóteses de cada un dos nenos/as e logo as contrastamos para saber a solución. (O de facer hipóteses encántalles, hai unha serie de debuxos que o personaxe fala de que son as hipóteses e dende esas, pasamos o día facendo nelas, jeje).

Grazas a Cupido por traernos o noso novo amigo, Valentín.


4 comentarios:

  1. Desta aula algún veterinario sae fixo!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paula, cóntanos cales son eses debuxos que os maiores tamén queremos aprender!!!!

      Eliminar
  2. Os debuxos son os de Dino tren, así que xa sabes, a poñerse o día con Buddy.

    ResponderEliminar
  3. Ahiiii, pois uns cantos viaxes cos teranodons teño feito, pero nunca me fixara no tema das hipoteses. Vou ter q prestarlle máis atención o señor revisor!!!!

    ResponderEliminar