sábado, 16 de marzo de 2013

O conto da miña infancia... Berta.

Nos últimos días de esta semana coronamos a Berta como raína, e o que non nos imaxinabamos é que a parte do conto, ía vir cunha sorpresa... o seu hamster Daisy!. A verdade é que para nos "de oídas" era mais que coñecido; regaloullo seu padriño polo seu último cumpleanos, un agasallo moi especial. 

 Para contar a súa historia recibimos na aula a Alberto, o seu pai, que comezou o conto falándonos sobre como era Berta o nacer; un fermoso bebé moi boíño, o que non lle gustaba nada o momento do baño e que comía moi despaciño, pasaban horas có biberón a contas!. Berta é unha nena doce e cariñosa, moi charlatana boa proba de isto eran as conversacións telefónicas que mantiña cun dos seus xoguetes preferidos, o seu móbil polo que falaba largos momentos!.


 Contounos os lugares que visitou, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou foi Cantabria. Alí visitou cós seus papás o parque de Cabárceno, e tal e como nos contaba Alberto, ía pisando moi despaciño por si os animaliños estaban por alí soltos así non pisalos!, jeje. Tamén estivo cá súa familia en Benidorm, onde disfrutou moito na piscina. Encántalle pasar tempo cás súas primas porque a peinan, lle pintan as uñas... sempre o pasan xenial.


 Por último, vimos as fotos do seu último cumple, o máis divertido de todos!. Disfrazouse de princesa e o celebrou cós seus amigos e a súa familia. 


 Moitas grazas por compartir o teu conto con nos, tal como di o final do mesmo: continuará... esperamos seguir o teu lado e ver como progresa esta fermosa historia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario