lunes, 11 de marzo de 2013

O conto da miña infancia... Laura.

Hoxe recibimos expectantes a Vicky a mamá da nosa compañeira Laura, unha princesiña de 4 anos que temos na nosa clase.

 A frase coa que os seus papás comezan a esta historia é unha descrición de Laura moi acertada: "ser nena é un privilexio, ser fermosa un patrimonio, ser encantadora a mellor virtude". É certo, Lauriña é unha nena que sempre coida de todos os compañeiros/as, sempre acompañada do seu soriso. Naceu un 6 de Outubro de 2008 e chegou uns días antes do previsto, dándolle unha gran alegría o seu gran amigo e irmán David, todo un exemplo a seguir para Laura. Uns aniños despois do seu bautizo, chegou outra gran data importante: a voda dos seus papás, da que Laura disfrutou con dous aniños de idade.

 Falanos sobre o que fai no verán, o moito que lle gusta a praia e xogar coa auga; di que xa sabe nadar sen flotador!.É unha nena moi festeira; tal e como relata o conto, Laura é desas nenas que dí: "vou de festa en festa porque me presta". A continuación, fala sobre todo o aprendido na escola cá axuda da súa mestra, os compañeiros/as e os seus papás. Canto nos rímos o ver a nosa foto!.

Por último, ensínanos os seus xoguetes preferidos cun resumo das fotos das cousas que lle encanta facer: estar cós papis, xogar con David, maquillarse e todo o relacionado con Hello Kitty.

Encantounos Laura!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario