jueves, 25 de abril de 2013

O conto da miña infancia...Xano.

Tras largos meses de espera desexando que os seus papis viñeran a nosa clase, Xano cumpriu o pedido...Yuli e César, acompañados do seu irmán Rodrigo viñeron o pasado xoves. Tiña moitas ganas de esta visita porque nas ultimas manualidades non lles foi posible asistir, polo que estes días andaba un pouquiño nervioso esperando o seu día!.

Xano é un neno con moita personalidade, maduro e charlatán, unha vez que colle confianza e vence esa timidez dos primeiros momentos. Chegou ó mundo nunha data importante para moita xente, 20 de Xuño de 2008. España xogaba a Eurocopa e Xano chegaba ó mundo!. Os españois estabamos de celebración e os pais de Xano vivindo un dos mellores momentos da súa vida.

Un fermoso bebé o que lle encantaba comer da teta da súa nai,  que tal e como contaba Yuli, sempre estaba perfecta...nin fría, nin quente... e tan rica!. Con cinco meses chegou o momento de ir a gardería, lugar do que trae un bo recordo e moitos amigos, como é o caso de Iago. Sempre lle gustou ir ó parque e alí comparte momentos con dúas das súas amigas mais especiais: Anxela e Alessandra. Moito nos fala de elas!.

Con dous aniños marchou a pasar as vacacións a Suíza, onde facía moitísimo frío, e alí foi o encargado de dar un notición... nuns meses ía ter un irmán!.  Así foi, o tempo pasou e chegou Rodri!. De isto xa case pasaron dous aniños e agora o seu irmán é o seu compañeiro de xogos, palomitas e dunha habitación que el describe como: a nosa habitación de homes!.

Tras este gran momento cheo de emocións, esperaba outro paso tamén importante... deixaba a garde e chegaba o cole de medianos. Aquí fixo novas amistades e xuntos estamos tentando aprender moitas cousas novas, explorando, xogando... divertíndonos xuntos. E con estes contos aprendendo un pouquiño máis sobre os nosos compañeiros/as. No caso de Xano agora sabemos que unha das súas paixóns son os cómics, encántalle o momento no que o seu pai lle conta unha parte do cómic antes de durmir. Os seus preferidos son Mortadelo e Filemón.

Moitas grazas por vir e contarnos a vosa fermosa historia.


3 comentarios:

  1. Jajajjaja...Pauliña, vouche poñer un gomet vermello!!!!!. Non me estabas nada atenta!!!!! QUE O NOSO PRINCIPE NACIU O 20 DE XUÑO!!!!!!

    Nos tamén quedamos moi contentos de poder cumprir o desexo de Xano e poder acompañalo un día na escola!!!!

    ResponderEliminar
  2. Pero Yuli eu vexo ahí arriba que pon 20, eh!. jejeje.

    Bueno deixao en gomet amarelo, sonche moitos nenos/as e demasiadas datas, foi un lapsus momentaneo, jeje. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. jajajajaj.... tarxeta vermella e expulsión por .... eso na miña terra chámase TRAMPAAAAAAAA!!!...jajajaja

    ResponderEliminar