miércoles, 17 de abril de 2013

O conto da miña infancia... Aitor.

Este peque, en idade que non en altura, que vedes nas fotos é o noso compañeiro Aitor. É un neno moi alegre e charlatán;  levaba semanas contando os días que faltaban para que viñera a súa nai María, para mostrarnos a historia da súa infancia.

Este conto comeza a noite do 27 de Xaneiro de 2008, un fermoso e inquieto bebé ó que lle encantaba durmir sestas no colo da súa nai. Pouco a pouco, Aitor foise convertendo nun homiño, comezaba a dicir as súas primeiras palabras, a comer cada día máis cousiñas, e tamén unha das aventuras máis grandes para un neno pequeniño... comezar a camiñar!. Pero isto trouxo consigo que a tranquilidade na súa casa acabárase durante un tempo, Aitor fíxose tan independente que todo era abrir caixóns, figuriñas rotas, ... pero o máis curioso e que nos fixo moita gracia, é que lle encantaba coller o teléfono e pulsar o botón vermello... o 112 de emerxencias!!!.

Aitor é un gran aficionado ó volante encántalle montar no camión do seu papá. Tamén lle encanta ir á praia, xogar na area e chapotear nos charquiños de auga, o verán para el sempre é unha etapa especial que disfuta ó grande, este aínda máis xa que grazas as súas clases de natación di que vai cruzar Razo a nado!. As súas últimas vacacións foron en Lanzarote, lugar de onde sempre nos conta que tivo que viaxar nun avión moi grande.

Pero tras un deses veráns chegou un momento moi importante... o comezo da escola!. Aquí fixo novos amigos que lle queren moito, cós que xoga e aprende de cotío. Unha fermosa etapa...

Moitas grazas por compartir estas aventuras con nos!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario