O conto da miña infancia... Rubén.
O noso principiño Rubén é un neno moi tímido pero cun fondo moi "juerguista" e divertido,pasa o día rindo aínda que cando quere sabe aparentar un semblante mooooi serio. O mércores veu a nosa escola o seu pai Javier, o que xa coñecíamos, a ensinarnos fotos dende que era bebeciño ata agora, e unha cosa nos quedou clara... non se pode saír con máis cara de pillo nunhas fotos, canto nos rimos!!!.
Rubén ten un irmán maior, Pablo, o que adora; con él xoga, divírtese e aprende moitas cousas. Encántalle ir ó parque, a praia e montar nos quad, de feito ten un que comparte có seu irmán. No seu conto presentounos a súa familia: padriños, primos, avós... e divertimonos moito vendo como foi o seu cambio dende bebé ata agora; aínda que certo é que hai unha cousa que non cambiou, o seu sorriso pícaro en todo momento.
Javier rematou esta visita léndonos o conto preferido de Rubén e ensinándonos os seus peluches e xoguetes preferidos.
Moitas grazas familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario