miércoles, 19 de diciembre de 2012

Unha carta para Iago.

O noso amigo e compañeiro Iago marchou de viaxe para visitar nestas datas tan especiais á súa familia en Colombia. A verdade é que xa nos primeiros días o botábamos moito de menos... Así foi que Xano nos deu unha magnífica idea: "Qué vos parece se lle escribimos unha carta?". E mans a obra!. 

 Os nenos/as tiñan moita curiosidade por saber onde estaba Colombia, cantos kilómetros nos separaban do noso amigo, e tamén como chegou ata alí; así que fumos para a aula de informática a buscar en google maps onde estaba e en que medios de transporte podía chegar ata alí. Tras calcular cantas horas tardaría na súa viaxe en barco, avión e foguete (a estimación dos km neste medio de transporte foi bastante aproximada, como dixeron os meus nenos: en foguete sae de Carballo as 10 e en 5 minutos está en Colombia), pero tras un debate sobre porque o foguete non é un medio de transporte que se soe utilizar, chegamos á conclusión de que viaxou nun gran avión, e que o viaxe tardaría unhas 10 horas. "Canto tempo! tivo que levar unha boa merenda". Buscamos vídeos de avións, porque moitos neno/as querían saber que é o que se ve dende as súas xanelas mentres outros nos contaban as súas historias sobre as suas viaxes nel; todos coincidían nunha cousa: "Eu dáballe a man moi forte a papá porque él tenlle medo os avións". Tamén buscamos o aeroporto máis cercan no que debeu de aterrar o seu avión. Logo buscamos a situación concreta de Colombia no mapa e vimos canta é a distancia dende Carballo, 7500 km... Canto mar nos separa!. 

 Por último, entre todos pensabamos que lle queríamos escribir e todos coincidimos en expresarlle as ganas que temos de que volva pronto!.

 Esperamos que che gustaran as nosas palabras e a nosa felicitación!. Botámoste moito de menos, e dende aquí os teus compañeiros e a túa profe Paula te mandamos millóns de bicos e un forte abrazo!. 

Grazas o noso mensaxeiro especial por enviar a carta!. 

 Hasta pronto Iago!. Esperámoste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario