domingo, 4 de noviembre de 2012

Celebramos o Samaín.


Unha semana terrorífica!. Dráculas, bruxas, cabazas, homes lobo, mulleres araña,... en todos este personaxes foi nos que nos convertemos esta semana.

Unha das cousas que máis esperamos do Samaín é o día no que podemos mercar as cabazas e o chegar a casa cá axuda das nosas familias, decoralas e levalas a escola!. Na clase, tamén o fixemos, collemos un coitelo e fomos decorándoa pouco a pouco. Logo utilizamos o interior da cabaza e puxémolo nunha potiña para cocelo!.

A cabaza é o froito típico do Samaín, pero como nos somos moi larpeiros aproveitamos para comer tamén uns doces... Unhas galletiñas en forma de dedo de bruxa, qué medo,pero que boas estaban!. E unha gran cabaza que tiña dentro un delicioso bizcoito de chocolate, puxémonos as botas. Moitas grazas a Unai e Alba por compartir estas merendas con nos!.

2 comentarios:

  1. gggggrrrrrr.... as galletas eran realmente terroríficas!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. jajaja eran.. eran.. pero estabanche ben boas...po ano máis

    ResponderEliminar