lunes, 8 de octubre de 2012

BENVIDA ALBA!.

Hoxe foi un gran día, chegamos pola mañá e nos encontramos cunha princesiña recén chegada de outra escola que ven a formar parte da nosa clase!. Ela é Alba,  o principio nos levamos unha sorpresa cá súa chegada e non sabíamos que dicir, pero pasados uns intres a recibimos por suposto, cos brazos ben abertos!. Quixemos que se sentise como na súa casa, que abandonase ese medo có que nos enfrontamos a novas cousas, e que coñecese un pouquiño de todos nos. Para elo, fixemos diferentes xogos durante a mañá, realizamos unha tarxeta ben grande para que teña de recordo do seu primeiro día na que a partir de agora será a súa escola; e por último, cada un de nos lle fixo un lindo debuxo!.

Pasámolo en grande!. BENVIDA ALBA.

1 comentario:

  1. Benvida Alba. Tés ós mellores compañeiros, son tremendos. Xa verás que ben o vas pasar na túa nova clase.

    ResponderEliminar