lunes, 18 de junio de 2012

E agora... un coello e uns patiños!.

Xa pasada a semana na que tivemos con nos a Letras, botabamos en falta ter outro animaliño para coidar, pero tivemos sorte, xa que Rocío, a nai de Unai, chegou cunha sorpresa: Chispita, un fermoso coello de cor branca cos ollos máis lindos que vimos ata este momento, eran de cor rosa!.

Quedamos fascinados vendo como o coello almorzaba as súas cenorias xunto cás verzas, que por certo, lle encantaban!. Logo mudámoslle a súa gaiola, e deixámoslle auga e comida. É tan lindo e tan doce con nos, que nos encantou esta experiencia.

A cousa non rematou aquí... A seguinte sorpresa foron os patiños: Pepa e Pipo. Que ben o pasamos con eles, aínda nos deron que facer...en canto nos despistabamos saían da gaiola, qué pericos!. Observamos con atención as súas patas que lles permiten deslizarse na auga, foi o que mais nos chamou a atención!.

Isto de ser pequenos granxeiros por uns días, vaia a converterse nunha afición!. Xa temos un plan en mente para o próximo ano...

No hay comentarios:

Publicar un comentario