miércoles, 17 de octubre de 2012

Eu pensaba que media polo menos 5 metros...


Como xa vos adiantei no post anterior no que falabamos de como creceran os nosos animais; tamén quixemos investigar sobre canto creceramos nos ó longo do verán. Para elo, fixemos diferentes actividades nas que o pasamos xenial!. Pintamos os nosos pés con pintura de dedos e deixamos a estampa nunha cartulina, para logo así poder medilos tanto nela como na realidade, e comparar os diferentes tamaños de pés. O mesmo fixemos cás nosas mans, tanto coa pintura de dedos como debuxadas por nos mesmos, logo cá regla encargámonos de medilas e comparar canto creceran con respecto o ano anterior. Xa por último, para coñecer e ser conscientes do grandes que nos fixemos nuns meses, medímonos e pesámonos. Había nenos/as moi contentos có seu "estirón estival" , en cambio outros preguntábanse como era posíbel que mederan tan pouco, eles pensaban que polo menos serían uns 5 metros...

Qué grandes estamos!.

1 comentario:

  1. Menudos xigantes....son 5 metros de pura inocencia!!!!. Mamá, mamá peso 28!!!!!! 28 que xano????? Litros, kilos, peras....??? Non sei pero peso 28!!!!! Jajajaja

    ResponderEliminar