martes, 27 de diciembre de 2011

Dossier do proxecto: O mundo de Gus.


Durante este trimestre realizamos este dossier de traballos sobre o mundo de Gus. Como xa sabedes, investigamos sobre a vida no mar e no rio, os diferentes animais, que comen, os deportes que podemos practicar, ... O proceso de investigación foi o noso primeiro paso, logo fixemos o noso mural do mundo de Gus, un gran traballo en equipo ca axuda das familias, e por último queríamos plasmar todo o aprendido en diferentes traballos manuais de forma individualizada. Para elo, buscamos un debuxo que reflexase o aprendido nese día, para posteriormente, decoralos con diferentes recursos materiais: pintura de dedos, ceras, cartulina, papel pinocho, acuarela, papel de seda, ... e o final conseguimos plasmar neste dossier as ideas clave de todo o traballado neste trimestre sobre o proxecto.

A verdade é que os nenos/as fixérono moi ben, esforzándose por deixalos ben bonitos, disfrutando mentres probaban diferentes materiais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario