lunes, 9 de enero de 2012

Pequenos pescadores!!!.

Estamos a rematar o noso proxecto do mundo de Gus, e por elo, decidimos aplicar os novos coñecementos aprendidos o longo do trimestre a través de diferentes xogos, nos que o obxectivo é afianzar e interiorizar todo o traballado. Un de estes foi o xogo da pesca. Elaboramos algúns animais mariños, recreamos un pequeno mar e cunha caña atrevémonos a probar a ver que tal se nos daba a pesca. Cada un dos neno/a tiña que pescar o número e tipo de animal mariño que lle mandaran os compañeiros/as, foi moi divertido!.

 Para despedir o noso proxecto, queríamos pedirlle as familias que teñan algunha mascota relacionada co mundo do mar: tartarugas, peixes, ..., se lles gustaría traelos ata a escola e contarnos cousas sobre eles. Animádevos!.


4 comentarios:

  1. jajaja... menudos pescos están feitos.... e sen mollarse nin unha pisca!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Sintoo Paula, na casa animais mariños so tiven unha tartaruga... e... que guarrilla que era, non teño precisamente moi bos recordos para contarlle os nenos. De todos xeitos se podo colaborar con outra cousa, fareino encantada.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que o pasan moi ben con este xogo de pesca, agora estamos facendo un barquiño para que poidan pescar dende él, xa subirei fotos. O longo do curso organizarei máis actividades para que os pais e nais podades axudarnos na clase!. Conto contigo.

    Un saúdo!.

    ResponderEliminar
  3. Pero que ben o pasan!!!.
    Menudos mariñeiros nos van a saír!!!.
    Espero que o sigan pasando así de ben, pois están na nellor idade.
    Saúdos.

    ResponderEliminar