jueves, 15 de diciembre de 2011

Despedimos o Outono.


O Outono, esa estación que os meus nenos/as describiron como: "é un tempo triste porque fai moito frío e vimos a escola cando aínda é noite ". A verdade é que teñen toda a razón, o frío apreta e cando chegamos ó cole, todavía está o ceo escuro. Pero para buscarlle a parte positiva e bonita a esta estación, fixemos unha festa do Outono onde destacabamos as cousas boas que tiña: por fin podemos poñer esas luvas que tanto nos gustan, abrir o noso paraugas preferido, xogar entre as follas que caen das árbores, comer castañas, cabazas, mandarinas, uvas... e o final, tras ir traballando e descubrindo día a día estas cousas que nos ofrece esta estación,  despedirán o Outono cun bo sabor de boca.

Aquí vai un pequeno resumo da despedida que fixemos o Outono.

Paula.

1 comentario: