miércoles, 25 de enero de 2012

Chega o Entroido!.


Este ano os meus nenos/as irán disfrazados de animais mariños. Quería pedir a vosa axuda para a realización destes, de tal forma que os nenos/as vexan que participamos todos, as familias, a mestra e eles mesmos, e convértase nunha actividade moi divertida. Propóñovos que veñades a escola e disfrutedes da realización dos disfraces cos nenos/as, o horario sería os martes (31 de xaneiro e 7 de febreiro) e mércores (1 e 8 de febreiro), en horario de 10.45 a 11.35.

Animádevos.

Un saúdo.




2 comentarios:

  1. Paréceme moi boa idea!!! ... aínda que no meu caso, polo meu horario laboral, non me sería posible acudir, pero estaría disposta a levar algo para facer na casa con tal de colaborar cos nenos.
    Xa me porei en contacto con vostede.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Non te preocupes, ó longo do curso organizarei máis actividades para que podades vir as familias a escola; o malo é o horario que soamente pode ser polas mañás; pero tamén faremos tarefas para que os nenos/as leven para a casa!.

    Agradezo o voso interese e implicación en todo o proceso educativo dos nenos/as, é moi importante que a escola e as familias traballemos en conxunto!. Tamén podedes suxerirme calqueira actividade vos que estarei encantada de realizala.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar