domingo, 17 de febrero de 2013

No Entroido bailamos un divertido remix.

2 comentarios:

  1. Cando eu tiña a idade destes nenos, ano no que entrei a escola, disfrazámonos de sinais de tráfico. Este vídeo tróuxome uns belísmos recordos daquela actuación diante das familias e dos compañeiros maiores, que emoción tan grande sentín, que orgullo e que satisfacción amosarlles a todos os disfraces feitos con tanto esmero, e bailar para todos aquel sinxelo pero marabillosos baile.

    Están perfectos este nenos. Non podo evitar revivir a miña infancia con todos estes vídeos que ides publicando do entroido. E desexo que non se siga perdendo a ilusión de vivir cos nenos cada festa, cada momento, senon que esa ilusión vaia en alza de novo.

    Que emocionante e marabillosa pode ser a escola, e que sorte tedes os mestres de regresar cada día a esa vida de nenos.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Eva, alédome de que che gustara o noso máxico parque automobilístico dirixido por simpáticas sinais e unha garda civil moi especial.

    A verdade é que ilusión non nos faltou; vivímolo expectantes iso si, esperando a que chegara o día no que por fin íamos bailar o noso remix!. O entroido é unha das datas máis chulas para os nenos/as, pero teño que dicir, que traballando cós peques significa que cada día sabes que vas vivir unha aventura nova, algunhas máis divertidas e outras máis pillas, pero sen dubida é unha gran sorte.

    ResponderEliminar