miércoles, 20 de febrero de 2013

Contacontos.

O pasado luns recibimos unha carta que nos deixou moi intrigados... Nela dicíanos que ían vir a escola dous persoas moi especiais que nos ían presentar un mundo máxico de contos e aventuras, tan só tiñamos que esperar e estar pendentes ó momento no que escoitásemos música saíndo da biblioteca, sinal que nos indicaría que acababan de chegar a nosa escola e estaban listos para que vivísemos con eles a aventura.

Así foi, onte cando entrabamos para a clase dende o recreo escoitamos música de fondo, e todos sorprendidos nos preguntamos de onde viña?... da biblioteca!, alí nos estaban esperando. Entre outros instrumentos puidemos escoitar como tocaban o acordeón e a pandeireta, moi ben por certo!. Unha vez que fixeron a súa presentación chegou o momento de escoitar os fermosos contos, todos eles da editorial Kalandraca, algún de eles: "Qué che gustaría ser?", "Lúa", "A galiña roxa", "Crocodilo", "Os petos de Loreto",... Entre tanta aventura, tamén vimos o personaxe protagonista da mañá, que esperaba caladiña no baúl máxico... a serpe Crictor, verde e moi longa!.

A verdade é que foi unha sesión de contacontos moi entretida, pasámolo moi ben. 

1 comentario:

  1. Que envexa!!!!! Como me gustaría estár ahi, con todos os contos que temos de kalandraka. Debeu de ser un placer escoitalos de da man duns proferionais, e por riba con música....cachisssss

    "Gustaríame ser Rebeca, para que a súa nai me abrazase todas as noites antes de durmir"

    ResponderEliminar