lunes, 27 de febrero de 2012

Visita de Kiko Rojo á escola.

Fai unhas semanas veu a escola Kiko Rojo, pai da nosa compañeira Carol de 6º de educación infantil, para ensinarnos as fotos dun fermoso viaxe que realizou o ano pasado ó continente veciño, África; concretamente o deserto do Sáhara.

 Tanto Kiko coma as persoas que viaxan con él levan para os neno/as roupa e material escolar, polo que penso que aínda que os meus nenos/as son aínda pequenos para valorar a xenerosidade de xente coma Kiko, pareceume moi boa idea que vexan que hai nenos/as que non teñen tanta sorte coma nos, e pouco a pouco aprendamos a valorar o afortunados que somos.

 Nas súas fotos acompañadas do seu relato, tamén puídemos coñecer as costumes e a forma de vivir; de feito unha das cousas que máis lles chamou a atención os meus nenos/as é que alí non teñan coches e tractores, nin televisión e que as casas non estean feitas de ladrillos. Penso que con esta experiencia adentráronse por uns intres nun mundo descoñecido para os meus peques, que axudou a chamar a súa atención por saber que hai en outros países. Traballaremos sobre isto ó longo do curso!.

 Moitas grazas a Kiko Rojo por esta experiencia!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario