domingo, 5 de febrero de 2012

Conmemoramos o día da paz!.


Para celebrar o día da paz, decidimos unirnos cos nosos compañeiros/as de 4 e 5 anos. A semana anterior pensamos en cal era o símbolo que para nos significaba a paz, tíñano claro, querían facer unha pomba.  Para decorala, cada un deles puxo a súa man na pomba facendo o seu plumaxe.

Chegou o día, comezamos falando sobre cales eran eses comportamentos que deberíamos de evitar en busca da paz e da amizade.  Os meus alumnos/as comprenderon que hai moitas cousas malas que deben de desaparecer para que podamos estar en paz. Por elo, de forma simbólica, cada un trouxo da súa casa unha caixa de cor branco, a cada unha de elas, pegámoslle unha palabra negativa: guerra, fame, soledade, violencia,... e todas estas caixas colocámolas en forma de muro diantre da nosa pomba da paz. Unha vez que xa estaba todo preparado, observamos o muro e decidimos que tiñamos que derruílo e deixar libre a nosa pomba, así foi, tiramos todas as caixas e logo pisámolas con moita forza. A nosa pomba quedou el liberdade, e todos intentaremos evitar esos comportamentos que lle impiden voar!!!.




1 comentario:

  1. e... pisamos e pisamos e pisamos, mamá... Agora xa sei a histria completa, jajaja

    Gracias Paula!!!!

    ResponderEliminar