viernes, 18 de enero de 2013

Taller de chapa e pintura... así nos preparamos para a chegada do Entroido.

Como cada ano chega unha das festas máis esperadas polos meus nenos/as, o Entroido. É certo ese razoamento que todos os anos facemos os mestres cando remata o día no que se celebra esta data na escola... tanto traballo para unhas horas; pero é certo que entre tanto traballo hai ilusión, hai risas, hai momentos de locura, hai aprendizaxes ocultos en cada forma que lle damos o disfraz: "queda mellor en círculo, eu quero levar o stop que quero parar a ese coche, eu quero o tractor amarelo que ten máis cabalos có teu, hai que poñerlle duas rodas e ten que levar duas maís por detrás así son catro,...", e hai familias que veñen a axudar a escola non só a elaborar disfraces senón tamén a aportar as ideas que farán que eses traxes brillen con luz propia. 

 Para min o Entroido comeza nese momento no que na clase debatemos de que nos queremos disfrazar, cando bromean cós compañeiros/as sobre o que van a levar e sobretodo cás risas e o bo rato que pasamos mentres preparamos esa actuación que esperamos podades disfrutar con nos. 

 Grazas outro ano mais a todas as familias que veñen a axudarnos.

 A semana que ven volveremos a poñernos mans a obra. O mércores de 16:00 a 17:00 para todos aqueles que non poden vir polas mañás, e o venres de 9:30 a 11:00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario